venres, 8 de marzo de 2024

8M💜 Día Internacional da Muller

 Boas tardes mesoiriñas e mesoiriños!💜💜

Hoxe, no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro conmemoramos o Día Internacional da Muller para reivindicar a igualdades e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade actual. A este traballo nomeámolo: De mulleres tamén vai a historia.

Fixémolo un xeito moi especial. Seguindo a liña do P.D.I. de centro A historia, todos os niveis conmemoraron a unha muller importante da etapa da historia que están a traballar durante este curso. E que mellor maneira que facelo realizando un vídeo para mencionar a cada unha destas grandes mulleres. 

PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO

Cada nivel fixo un mural conmemorando a unha muller da súa etapa da historia para decorar a entrada da escola. Tamén , se colocou unha selección marabillosa de libros para que as titorías tiveran acceso a este material durante esta semana.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Revista dixital A Voz de Mesoiriño

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!! Xa está aquí a terceira edición da Revista Dixital A Voz de Mesoiriño !!! Desfrutádea!!!