sábado, 8 de xaneiro de 2022

Verba temática: Nadal

 Ola a todos/as!

Xa temos os seleccionados da Verba Temática: Nadal. Coma sempre, cada aula levou a cabo una votación para elixir a mellor verba temática.  Atoparemos verbas tan espectaculares como: PANXOLIÑA, FOLERPA, ACIVRO, LAREIRA, LAR, BONECO DE NEBE, ESTRELA, etc.

A Continuación, amosamos as verbas seleccionadas en cada grupo aula:

4ºA Ed. Inf.: NOEL


4ºB Ed. Inf.: ZOE

5ºA Ed. Inf.: MATEO

5ºB Ed. Inf.: CLOE

6ºA Ed. Inf.: IRIA

           6ºB Ed. Inf.: NICOLE

1ºA Ed. Prim.: CLAUDIA

1ºB Ed. Prim.: ALBA

2ºA Ed. Prim.: IRENE

2º B Ed. Prim.: NAIRA

3ºA Ed. Prim.: KIRA

3ºB Ed. Prim: MARTÍN

4ºA Ed. Prim.: DANI

4ºB Ed. Prim.: ARTAI

5ºA Ed. Prim.: EITAN

5ºB E.d Prim.:

6º Ed. Prim.: ARIADNA





mércores, 5 de xaneiro de 2022

Residencia de maiores Domusvi Matogrande

Ola a todos/as!!


Hoxe deixámosvos a publicación da visita do Apalpador aos nosos alumnos/as a última semana antes de ir de vacacións, que fixeron desde a Residencia de maiores Domusvi Matogrande. A satisfacción é máxima, e contamos con levar a cabo moitas actividades máis coa súa colaboración. Estamos desexando que os nosos alumnos/as visiten aos maiores e levar cabo diferentes actividades que permitan recuperar estes encontros con total normalidade.


Residencia Domusvi Matogrande 





Scape Room do Apalpador

 Ola a todos/as!

Neste post imos presentar unha actividade nova, soprendente e que causou sensación entre os rapaces/as. Desde o equipo de dinamización da bliblioteca e de dinamización da lingua galega quixemos presentar unha actividade totalmente innovadora: SCAPE ROOM.

Esta actividade levouse a cabo da man de Paco, mestre titor de 5º B. Hai que salientar a súa creatividade, capacidade de invención e inxenio, e motivación cara o traballo que fan que todos/as queramos traballar ao seu carón.

O Scape Room está dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria. Para os que non coñezades en que consiste un scape room, trátase dunha habitación ou local no que se encerra a un grupo de aventureiros/as e investigadores/as co obxectivo de conseguir escapar da mesma.

Tendo en conta esta idea, cada clase foi a aula de informática onde xa estaba preparado todo o material para investigar e tratar de resolver todos os enigmas.

A temática era sobre o Apalpador e atopábanse actividades de pensamento lóxico a través de quebracabezas, xoquetes de construción, etc., todo cun tempo establecido. Finalmente, había que atopar a clave que abría o candado da
caixa que contiña o enigma final e poder así conseguir uns agasallos para a aula. 

En definitiva, foi unha experiencia única, irrepetible e moi divertida.


















Postal de Nadal do Apalpador

 Bo Nadal a todos/as!

Desde o Ceip novo Mesoiro, e en concreto desde o noso recanto do fomento da lingua galega (EDLG), queremos desexarvos un Nadal maravilloso e un moi feliz Ano Novo con esta postal navideña elaborada polos nosos alumnos/as.  Pensamos que é a mellor maneira de transmitir o noso agarimo e benquerer, a través das ilustracións dos nosos rapaces/as.

Todo o alumnado do centro fixo un debuxo do Apalpador para a elaboración da postal navideña para felicitar a toda a comunidade educativa a través da páxina web do centro. 

De todos os debuxos, elixiuse un entre a etapa de educación infantil, outro entre 1º,2º e 3º de educación primaria e outro entre 4º,5º e 6º.

Os tres selecionados recibiron un diploma e un agasallo o último día de clase, no patio do colexio diante de todo o alumnado do centro.





Canción do Apalpador


Bo día a todos/as!

Aquí vos deixamos a canción O Apalpador, de Pablo Díaz, do disco Toc Toc. Esta é a canción que se traballará durante toda a semana de Nadal con todo alumnado do centro desde o departamento de educación musical.


Visita do Apalpador

 Bo Nadal a todos/as!

A última semana, antes das vacacións de Nadal, os nosos/as pequenos/as tiveron a horna de recibir unha visita moi especial desde as montañas do Courel: O Apalpador

Esta actividade levouse a cabo coa colaboración da Residencia de maiores Matogrande o que nos reconforta moitísimo poder poñer en contacto os nenos/as cos maiores.

Este personaxe de tradición galega, trouxo regalos para os máis pequenos da escola, desde o alumnado da etapa de educación infantil ata o alumnado de 1° e 2º de educación primaria. 

Esta actividade organizouse na biblioteca, xunto co noso logo do Bibliomesoiriño, e os rapaces aproveitaron para facerlle entrega da súa carta elaborada en grupo por cada clase e comentarlle os seus desexos, que en ningún caso se trataban de bens materiais. Desde xeito, o Apalpador atopaba desexos tales como: que non haxa violencia, que desapareza o Covid, que todos/as teñamos moitos bicos e apertas, amor, amizade, paz, ilusións, etc.

Os rapaces/as fixéronlle moitas preguntas e algún grupo ata lle cantou a canción O Apalpador de Pablo Díaz, do disco Toc Toc que se estaba traballando desde o equipo de educación musical durante toda a semana de Nadal.














Cantando coas mans 🎶🎵

 Bo día  mesoiriños e mesoiriñas!!!🙉🎤🎶🎵 Xa podedes VER e VOTAR o vídeo en lingua de signos co que nos presentamos no CEIP Plurilingüe No...