martes, 20 de decembro de 2022

Kahoot de Nadal☃️🎄

 Boas mesoiriños e mesoiriñas!!!

Para celebrar este Nadal tan especial, o alumnado de 3°, 4°, 5° e 6° de educación primaria do CEIP Novo Mesoiro participou nun divertido Kahoot de Nadal.

A rapazada desfrutou ao máximo a través dunha gran variedade de xogos. Os diferentes equipos responderon a corenta cuestións  relacionadas co Nadal. E finalmente, ao remate do xogo, recibiron uns agasallos de parte do Apalpador para cada grupo aula.





Visita do Apalpador polo Nadal

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!🛖🪵🌄⛰️

Hoxe estamos moi ledos de poder celebrar estes días de Nadal no Ceip Novo Mesoiro cunha figura galega que vén desde os montes do Courel: O Apalpador. 

Mesoiriño Apalpador

Apalpador 

O Apalpador visitou ao alumnado de Educación Infantil e 1° e 2° de Educación Primaria. A rapazada puido entregarlle unha carta pedindo os seus máis especiais desexos. O Apalador contoulles a súa historia e levou a cabo unha entrega de agasallos a cada grupo aula.







Para os que non coñezades ao Apalpador, imos dar un pouquiño de información a continuación:

ApalpadorApalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos/as, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".

Gravación con Silvia Penide: Diferentes diferenzas

Bo día mesoiriños e mesoiriñas!!!😲😲🎵🎶🎼


Onte a biblioteca do CEIP Novo Mesoiro cenvertiuse nun estudio de gravación, coa colaboración de Silvia Penide e a Asociación West Galicia. Todos xuntos, tanto algúns dos rapaces e rapazas con dito síndrome, todo o alumnado do centro e docentes, saímos a cantar aos corredores da escola a canción de Silvia Penide, Diferentes Diferenzas, mentres a cantautora e a súa guitarra paseaba cantando xunto a todos/as nós.


Preme aquí para ver o vídeo


Aquí tendes a partitura adaptada ao alumnado con NEAE con pistogramas ARASAAC:



A continuación, podedes ver a noticia publicada polo xornal A Voz de Galicia:



Este proxecto partiu do libro Diferentes Diferenzas, que presenta a diferencia como un elemento enriquecedor, divertido e dinamizador. Os protagonistas son diversos e diferentes e amósan as suas características particulares para gozar dunha vida plena e chea de amizades e aventuras. Presenta a un elefante de tres patas, un moucho de catro ollo, unha tartaruga sen cuncha ou un libro sen cuberta, entreoutros. 




mércores, 7 de decembro de 2022

Os mesoiriños/as visitan aos nosos maiores 💚💚

 Bo día mesoiriños e mesoiriñas!!!!

Hoxe, mércoles 7 de decembro, foi un día moi especial para ao CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro porque tras dous anos sen poder visitar aos nosos maiores, por fin deuse a tan esperada xuntanza!

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega  (EDLG) a emoción é máxima xa que esta actividade propuxémola nós para fomentar o uso da lingua galega. E o resultado foi todo un éxito!

 Así pois, o alumnado de 5° de educación infantil visitou a Residencia de mayores Domusvi La Ciudad, situada nun lugar privilexiado como é a zona vella da cidade da Coruña. E o alumnado de 6° de educación infantil visitou a Residencia de mayores Domusvi Matogrande que está nun barrio veciño ao de Mesoiro.

Antes de presentarvos os detalles queriamos agradecer ás dúas residencias todas as facilidades ofrecidas, a boa organización e  o desexo de continuar as colaboracións desenvolvidas ate o de agora. Podedes premer aquí para ver as actividades levadas a cabo o curso pasado.

A Residencia Domusvi La Ciudad, sorprendeu á rapazada coa visita do Apalpador que lles puxo un vídeo narrando a súa historia e deulles un pequeno agasallo polo Nadal. Todo isto acompañados/as da maioría dos residentes que se atopaban entusiasmados pola visita dos pequenos/as. Remataron a visita cantando todos xuntos/as unhas panxoliñas.

Na Residencia Domusvi Matogrande pintaron unhas árbores de Nadal cos residentes e tamén remataron a visita cantando unhas panxoliñas.

O noso profesorado que participou nesta actividade veu moi emocionado e con ganas de repetir a experiencia, tanto polas emocións vividas desde o punto de vista do alumnado como desde o sentimento que amosaban os maiores.

A continuación podedes ver fotos na Residencia Domusvi La Ciudad:










A continuación podedes ver as fotos da visita á Residencia Domusvi Matogrande:





 





Cantando coas mans 🎶🎵

 Bo día  mesoiriños e mesoiriñas!!!🙉🎤🎶🎵 Xa podedes VER e VOTAR o vídeo en lingua de signos co que nos presentamos no CEIP Plurilingüe No...