xoves, 31 de outubro de 2024

Samaín e Magosto 2024 👻🎃🌰

 Boa tarde mesoiriñas e mesoiriños!!🌰🎃👻

No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro estamos desfrutando moitísimo coa conmemoración do Samaín e do Magosto.

Levouse a cabo unha degustación de castañas da man da Castañeira, coa colaboración das familias.

Decorouse a entrada da escola, corredores, portas das aulas, aulas... E todo o alumnado e profesorado puxo ou seu disfrace máis terrorífico ou da temática do Magosto.

Leváronse a cabo diferentes actividades de Samaín e Magosto, destacando un concurso de cabazas e a organización da Casa dos Arrepíos.  Nesta casa foi pasando todo o alumnado de educación infantil e primaria, para poder disfrutar dos relatos terroríficos elaborados polo alumnado de educación primaria.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Revista dixital A Voz de Mesoiriño

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!! Xa está aquí a terceira edición da Revista Dixital A Voz de Mesoiriño !!! Desfrutádea!!!