venres, 25 de febreiro de 2022

Entroido 2022

 Por fin chegou o Entroido que tiñamos tantas ganas de celebrar!!!!Deixámosvos un vídeo  co desfile de todo o alumnado e profesorado do centro:










mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía e concurso "Cantamos coas mans".

FELIZ DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!!!

Hoxe 23 de febreiro, no Ceip Novo Mesoiro, estamos moi contentos/as de poder celebrar este día tan especial para conmemorar á gran escritora e poeta galega Rosalía de Castro.  Hai que lembrar, que recentemente modificouse a data desta conmemoración do 24 ao 23 de febreiro. 

Decoramos a entrada da escola cun moisaico de fotos formando a imaxe de dita autora, acompañado dalgúns versos do poema "Adios ríos, adios fontes".
 


Tamén, elaboramos un vídeo con esta canción de "Adios ríos, adios fontes", onde tanto o alumnado como o profesorado cantan ao tempo que interpretan esta obra en  lingua de signos.

Deste xeito, ímonos presentar ao Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos "Cantamos coas mans", organizado pola Federación de Asociaóns de Persoas Xordas (FAXGP).

A participación está aberta a todos os centros educativos de Galicia, en todos os niveis de ensino. O obxectivo é dar visibilidade á Lingua de Signos nas aulas dun xeito divertido, a través da música. Polo que esperamos ter moita sorte!! Estamos moi emocionados/as e orgullosos/as do resultado final, así que aquí deixamos o vídeo:



Ademais, na biblioteca realizouse un recanto sobre Rosalía, cunha selección das súas obras e un libro elaborado por todos o alumnado do centro.




Para celebrar este día tan especial os rapaces/as fixeron actividades e decoraron as clases, as portas e os corredores. Na etapa de educación infantil elaboraron un marcapáxinas e demoraron a imaxe de Rosalía. E en educación primaria elaboraron un minilibro coa biografía da autora.






Por último, o alumnado puedo escolitar a canción de "Rosalía pequeniña" ao longo da mañá, tanto na entrada como na saída.







 






Cantando coas mans 🎶🎵

 Bo día  mesoiriños e mesoiriñas!!!🙉🎤🎶🎵 Xa podedes VER e VOTAR o vídeo en lingua de signos co que nos presentamos no CEIP Plurilingüe No...