xoves, 27 de outubro de 2022

Actividades aterradoras no Samaín ☠️🕷🎃

 Bo día mesoiriños e mesoiriñas!!!🕷☻️💀☠️🎃


A continuación, ímosvos amosar as actividades que estamos a levar a cabo ao longo desta semana no CEIP Novo  Mesoiro para conmemorar o Samaín: Castañas, buxainas e trompos entre otras moitas cousas.

No patio fíxose unha Queima de menos na que todo o alumnado da escola reunirse no patio para levar a cabo a queima de pequenas fichas nas que a rapazada debuxou e/ou escribiu o se máis aterrecedor medo.



Todas as aulas fixeron unha visita á   Casa arrepiante decorada como unha casa do terror. Nela proxectouse unha historia de terror e despois levouse a cabo unha lectura de relatos de terror.

Mentres o alumnado de educación infantil e 1°, 2° e 3° de educación primaria decoraron os corredores co Mesoiriño terrorífico, o alumnado de 4°, 5° e 6° de educación primaria participou nun Concurso de relatos de terror, tomando como contexto o noso barrio. Os gañadores/as leron na Casa Arrepiante os seus relatos. 













O alumnado de educación primaria asistiu a unha exhibición de buxainas que foi un éxito absoluto! Podédelo comprobar no seguinte video:



Fíxose unha mostra de cabazas decoradas que o alumnado trouxo da casa, recibindo un diploma de participación.





Ademais de todo isto, todo o alumnado e profesorado luciu o seu disfrace máis espantoso:































luns, 24 de outubro de 2022

Decoración arrepiante polo Samaín ☠️🕷🎃💀

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!!🎃🎃🎃

Ao longo desta semana, entre o 24 y 28 de outubro, no CEIP Novo Mesoiro, o alumnado decorará as aulas, as portas das aulas e os corredores da escola para celebrar o Samaín

Moitos rapaces/as xa están a traer as súas cabazas  decoradas xunto as súas familias nas casas. Colgaremos imaxes de toda a decoración de corredores e aulas por parte do noso alumnado durante os próximos días... 🎃🎃🎃











Festexo polo Samaín 2022 💀🎃🕷☠️☻️

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!!

Que ansia tiñamos de festexar o Samaín!!! Toda esta semana, do 24 ao 28 de outubro, no CEIP Novo Mesoiro, imos desfrutar da conmemoración desta festividade celta.

Ao longo de toda a semana imos ter unha gran cantidade de sorpresas aterradoras. A entrada da escola está decorada cun esqueleto, caveiras, ratas, arañas que protexen os seus ovos, e dous grandes espíritos arrepiantes que sobrevoan para facer tremer a todo o colexio.

O Equipo de Biblioteca, presenta unha serie de recomendacións lectoras de libros en galego relacionados coa temática do Samaín.

Toda a comunidade educativa está invitada a visitala nosa entrada terrorífica:








Cantando coas mans 🎶🎵

 Bo día  mesoiriños e mesoiriñas!!!🙉🎤🎶🎵 Xa podedes VER e VOTAR o vídeo en lingua de signos co que nos presentamos no CEIP Plurilingüe No...