xoves, 15 de setembro de 2022

Benvida ao alumnado con ditos Galegos

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!!

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!😊😊😊

Vimos con moita forza e moita ilusión para levar a cabo un lote de actividades e iniciativas novas para fomentar o uso e desfrute da nosa lingua galega ao longo deste curso escolar 2022-2023.

Desde o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) do CEIP Novo Mesoiro quixemos dar a benvida ao noso alumnado con Ditos galegos, que tanto caracterizan o noso orgullo galego.

A continuación, presentámosvos fotos da decoración da entrada da escola con algunhas das expresións galegas máis coñecidas:








A nosa exposición viaxeira

 Ola mesoiriñ@s!!!

Este verán a nosa Exposición de Roupaxe e intrumentos galegos viaxou ata a Residencia de Maiores Domusvi Matogrande. 

Preme aquí para ver a exposición na Residencia de Maiores Domusvi Matogrande

Os nosos/as maiores puideron ver algún dos intrumentos galegos que tocaban nas foliadas que celbraban cando eran mozos/as.

No CEIP Novo Mesoiro montámoslles esta exposición e quedamos encantados co resultado. Ademais, comunicáronnos que os residentes desfrutaron moitísimo.






Cantando coas mans 🎶🎵

 Bo día  mesoiriños e mesoiriñas!!!🙉🎤🎶🎵 Xa podedes VER e VOTAR o vídeo en lingua de signos co que nos presentamos no CEIP Plurilingüe No...