xoves, 21 de decembro de 2023

Kahoot de Nadal🔍🎄

 Ola mesoiriños e mesoiriños!!🎄🔍

No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro, puxemos a proba a astucia do alumnado de 5° e 6° de Educación Primaria, coa realización dun Kahoot de Nadal en lingua galega.

Cada grupo aula tivo que pasar unha serie de probas para poder localizar a chave que abría a caixa final, onde os rapaces/as atopaban a última pista para localizar o regalo do Trasno de Nadal.

Pasárono bárbaramente percorrendo o centro dun lugar a outro tratando de resolver todos  os enigmas!

Desfrutade moito destes días de Nadal, que á volta verémonos con moitas sorpresas máis para fomentar a lingua galega.💚














Visita do Alapador 2024

 Bo Nadal e feliz Aninovo!!🌲

No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro, o alumnado de Educación Infantil e, 1°, 2° e 3° de Educación Primaria, recibiu a visita do Apalpador. A rapazada toda levou unha carta en galego cos seus mellores desexos para o próximo Aninovo.

Para levar a cabo esta actividade na biblioteca escolar, foi necesaria a colaboración das familias, en concreto dos avós e avoas, así como do ANPA, que elaborou unha cheminea impresionante.






mércores, 20 de decembro de 2023

Apadriñamento lector en Nadal 📖🎄

 Bo Nadal mesoiriños e mesoiriñas!!📖🎄

Esta semana de Nadal, no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro, levamos a cabo a actividade de Apadriñamento lector. Deste xeito, o alumnado maior do centro levou a cabo lecturas de Nadal, principalmente en galego, polas aulas dos máis pequenos/as. 

Moitos rapaces/as lectores/as aproveitaron para levar roupa e complementos para chamar a atención dos que lles escoitaban.

Esta actividade sempre é un éxito asegurado, pois encántalles a todos/as, tanto aos maiores como aos pequenos/as.




Residencias de maiores DomusVi

 Bo día mesoiriños e mesoiriñas!!🎄🎄

Os nosos pequenos e pequenas de 6° de Educación Infantil visitaron as residencias de maiores DomusVi Matogrande e DomusVi La Ciudad. 

Desde o EDLG mantemos esta colaboración desde hai dous cursos e esperamos que continúe moitos máis.

Os residentes tiñan preparadas unhas actividades como: o xogo dos birlos, cantaron todos/as xuntos/as panxoliñas e unha gran merenda.










luns, 4 de decembro de 2023

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

 Feliz Día Internacional das Persoas con Discapacidade!💚💚💚

No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro fixemos un recanto conmemorando este día con moitos libros en galego. Esperamos que vos guste!






venres, 1 de decembro de 2023

Belén montado polo Voluntariado Social Fonseca

 Bo Nadal, mesoiriños e mesoiriñas!!!🎅🌲

Este curso temos unha decoración apaixoante no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro! Decoramos a entrada, e agora tócalle á rapazada decorar os corredores nos próximo días.

Na entrada da escola, temos unha árbore de Nadal xigantesca, unha selección de libros con esta temática, un calendario de advento en lingua de signos  e un fermosísimo belén, no recanto de Relixión Católica.

O belén foi montado pola presidenta do Voluntariado Social Fonseca, cos que matemos unha estreita colaboración ao longo se todo o curso a través do EDLG. Hai que salientar que a este belén non lle falta detalle e está montado cun gusto exquisito. E todolos días o alumnado fai unha paradiña para observar as figuras, mais, sen dúbida, a preferida é o neno cagón 😂.

No calendario de advento, a cada día correspóndelle a imaxe dunha verba de Nadal que   destaparemos diariamente,  atopando una foto cun mestre/a amosando a palabra en lingua de signos.












Cantando coas mans 🎶🎵

 Bo día  mesoiriños e mesoiriñas!!!🙉🎤🎶🎵 Xa podedes VER e VOTAR o vídeo en lingua de signos co que nos presentamos no CEIP Plurilingüe No...