venres, 23 de febreiro de 2024

Día de Rosalía de Castro 2024

Bo día mesoiriños e mesoiriñas!!

Esta semana, no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro celebramos un dos días máis importantes para todos os galegos e galegas: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, hoxe, 23 de febreiro.
Conmemoramos o 187 aniversario do nacimiento da autora, que foi o 23 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela.
Rosalía de Castro rompeu moldes no século XIX e pasou á literatura universal salientando o seu carácter valente, a súa actitude transgresora e o seu papel como faro para miles de mulleres.
Atopamos un artigo no xornal La Voz de Galicia onde podedes ler algúns datos curiosos sobre a ilustre autora:

No colexio conmemoramos este día con moita ilusión, decorando a entrada da escola, onde xa temos unha colaxe xigante da autora de xeito permanente. Tamén colocamos un mural colaborativo entre todo o alumnado de educación infantil e primaria. Xunto a este mural colocamos os exemplares cos que conta a biblioteca escolar do centro sobre a autora para que as titorías tiveran acceso a este material e poder utilizalo durante esta semana.
 Ademais, a rapazada decorou as aulas e os corredores, e fixeron diferentes actividades relacionadas coa obra de Rosalía de Castro.
Xunto co Equipo de Biblioteca, organizamos unha xornada de apadriñamento lector con obras de Rosalía, no que o alumnado de 5° e 6° de educación primaria foi ler ás aulas de educación infantil, e estes pequenos/as aproveitaron para cantarlles unha canción sobre Rosalía.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Cantando coas mans 🎶🎵

 Bo día  mesoiriños e mesoiriñas!!!🙉🎤🎶🎵 Xa podedes VER e VOTAR o vídeo en lingua de signos co que nos presentamos no CEIP Plurilingüe No...