venres, 12 de abril de 2024

Cantando coas mans 🎶🎵

 Bo día mesoiriños e mesoiriñas!!!🙉🎤🎶🎵

Xa podedes VER e VOTAR o vídeo en lingua de signos co que nos presentamos no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro ao VII concurso "Cantando coas mans", organizado pola FAXPG (Federación de Asociacións de Personas Xordas de Galicia).

Lembrade votar no seguinte enlace:

PREME AQUÍ PARA VOTAR


A canción escollida foi "Si no estás" de Íñigo Quintero. Desde o EDLG escollimos está canción, no só porque o autor é coruñes, se non que é a canción máis reproducida en Spotify como autor en solitario. Está canción é viral, e gusta tanto aos máis pequenos como aos maiores.

Para a realización deste vídeo contamos coa colaboración do alumnado de 6° de educación primaria traducindo a canción original e adaptándoa á melodía. Ademáis, a mestra de música seleccionou as mellores voces de 5° e 6° de E.P. para facer un coro. No vídeo participa unha representación de toda a comunidade educativa: alumnado de todas as etapas educativas, a intérprete en lingua de signos, profesorado, auxiliar técnico educativo, nais e pais, persoal de limpieza e de comedor.


xoves, 21 de marzo de 2024

Día Mundial da Poesía e Día da Árbore

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!🌿🌱🍀

Hoxe, no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro celebramos o Día Mundial da Poesía e o Día da Árbore. Todos os cursos, tanto da etapa de educación infantil e primaria, plantaron unha árbore. Cada grupo elixiu un nome galego para a súa árbore colocandolle unha etiqueta. Para a realización desta actividade contamos coa colaboración de nais e pais que forman parte da ANPA Monte do Muíño.

Algunas clases aproveitaron para  recitar poemas en galego de elaboración propia para a conmemoración das dúas efemérides.










venres, 8 de marzo de 2024

8M💜 Día Internacional da Muller

 Boas tardes mesoiriños e mesoiriñas!💜💜

Hoxe, no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro conmemoramos o Día Internacional da Muller para reivindicar a igualdades e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade actual.

Fixémolo un xeito moi especial. Seguindo a liña do P.D.I. de centro A historia, todos os niveis conmemoraron a unha muller importante da etapa da historia que están a traballar durante este curso. E que mellor maneira que facelo realizando un vídeo para mencionar a cada unha destas grandes mulleres.

PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO

Cada nivel fixo un mural conmemorando a unha muller da súa etapa da historia para decorar a entrada da escola. Tamén , se colocou unha selección marabillosa de libros para que as titorías tiveran acceso a este material durante esta semana.





venres, 23 de febreiro de 2024

Día de Rosalía de Castro 2024

Bo día mesoiriños e mesoiriñas!!

Esta semana, no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro celebramos un dos días máis importantes para todos os galegos e galegas: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, hoxe, 23 de febreiro.
Conmemoramos o 187 aniversario do nacimiento da autora, que foi o 23 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela.
Rosalía de Castro rompeu moldes no século XIX e pasou á literatura universal salientando o seu carácter valente, a súa actitude transgresora e o seu papel como faro para miles de mulleres.
Atopamos un artigo no xornal La Voz de Galicia onde podedes ler algúns datos curiosos sobre a ilustre autora:

No colexio conmemoramos este día con moita ilusión, decorando a entrada da escola, onde xa temos unha colaxe xigante da autora de xeito permanente. Tamén colocamos un mural colaborativo entre todo o alumnado de educación infantil e primaria. Xunto a este mural colocamos os exemplares cos que conta a biblioteca escolar do centro sobre a autora para que as titorías tiveran acceso a este material e poder utilizalo durante esta semana.
 Ademais, a rapazada decorou as aulas e os corredores, e fixeron diferentes actividades relacionadas coa obra de Rosalía de Castro.
Xunto co Equipo de Biblioteca, organizamos unha xornada de apadriñamento lector con obras de Rosalía, no que o alumnado de 5° e 6° de educación primaria foi ler ás aulas de educación infantil, e estes pequenos/as aproveitaron para cantarlles unha canción sobre Rosalía.




martes, 30 de xaneiro de 2024

III Carreira solidaria pola Paz🏃🕊️

 Bo día mesoiriños e mesoiriñas!🕊️🏃

Hoxe, 30 de xaneiro, no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro conmemoramos o Día Internacional da Paz coa III Carreira solidaria na nosa escola. Todos os cartos recollifos polo noso alumnado irán destinados á ONGD de Mesoiro. Visitounos Lorena, representante da organización, e Cecy, unha rapaza guatemalteca de 20 anos, dunha comunidade indíxena que está  a pasar un mes nun hospital coruñés facendo as prácticas de Enfermería, becada pola ONGD de Mesoiro.

Despois da carreira, Cecy e Lorena fixeron unha presentación antes ao alumnado de 6° de educación primaria para contarle a súa historia. Foi unha experiencia moi emocionante para a rapazada conocer tan cerca unha cultura indíxena.







Día da Paz🕊️

 Feliz Día Internacional da Paz!!!🕊️🕊️🕊️

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos este día tan importante no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro.

Todas as aulas elixiron unha curtametraxe e fixeron un mural. Todos están elaborados con diferentes fotografías dos propios alumnos e alumnas expresando as emocións, sentimientos e valores que les transmiten estes vídeos. 

Así, todos os corredores están decorados polos fermosos muráis que tanto lles gustan expoñer os nenos/as. 

Premede no seguinte enlace e poderedes ver o día tan especial que vivimos na escola.

Vídeo da Paz







xoves, 21 de decembro de 2023

Kahoot de Nadal🔍🎄

 Ola mesoiriños e mesoiriños!!🎄🔍

No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro, puxemos a proba a astucia do alumnado de 5° e 6° de Educación Primaria, coa realización dun Kahoot de Nadal en lingua galega.

Cada grupo aula tivo que pasar unha serie de probas para poder localizar a chave que abría a caixa final, onde os rapaces/as atopaban a última pista para localizar o regalo do Trasno de Nadal.

Pasárono bárbaramente percorrendo o centro dun lugar a outro tratando de resolver todos  os enigmas!

Desfrutade moito destes días de Nadal, que á volta verémonos con moitas sorpresas máis para fomentar a lingua galega.💚














Cantando coas mans 🎶🎵

 Bo día  mesoiriños e mesoiriñas!!!🙉🎤🎶🎵 Xa podedes VER e VOTAR o vídeo en lingua de signos co que nos presentamos no CEIP Plurilingüe No...