xoves, 23 de febreiro de 2023

Día de Rosalía de Castro

 Bo día mesoiriños e mesoiriñas!!💛💚💙🩵🧡

Hoxe, 23 de febreiro de 2023, no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro, celebramos o día de Rosalía de Castro con  diferentes actividades sobre a vida e obra da autora, cun marcapáxinas elaborado polo EDLG, e decorando os corredores de educación infantil e primaria co seu retrato. 


Tamén escoitamos a canción de Pequeniña Rosalía, na entrada e saída á escola, e nas subidas e baixadas ao patio.


Ademais, na entrada da escola, podemos atopar unha selección de obras da autora xunto ao seu retrato.








venres, 17 de febreiro de 2023

Entroido 🤡🤡🤡

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!!👨‍🏫👩‍🌾🪹📷👩‍🔧👩‍🏫🥁👨‍🌾🧺🫧🧼

Esta semana no CEIP Plurilingüe  Novo Mesoiro celebramos o Entroido con total ledicia e felicidade!!

O luns, martes e mércores fomos todos/as disfrazados seguindo os Mandadiños  do Meco. O xoves levamos un disfrace libre. E o venres todos/as levamos disfraces tradicionais do século XX representando os oficios desenvolvidos no noso barrio, xa que esta é a temática do Proxecto de Centro que estamos a traballar este curso: O noso barrio. 

Todo o alumnado e profesorado do centro fixo un pasarrúas polos arredores da escola para poder desfrutar  da troula e carallada coas familias.

Así pois, podiamos atopar un lote de lavandeiras, fotógrafos/as, gandeiros/as, leiteiras, barbeiros e  labregos/as entroutros.






















mércores, 15 de febreiro de 2023

Visita ao lavadoiro e estatua da lavandeira

Bo día mesoiriños e mesoiriñas!!🩵🩵🩵🩵

Hoxe, o alumnado de 5° de Educación Primaria do CEIP Novo Mesoiro fixo unha andaina polos arredores visitando o Lavadoiro de Feáns, rehabilitado en 1988, e a estatua da Lavandeira que colocaron este mesmo ano.

Na escola estamos a traballar o Proxecto de Centro: O noso barrio e dentro deste Proxecto, o alumnado de 5° de Educación Primaria é o encargado de levar a cabo a recollida de información sobre as LAVANDEIRAS, que lavaban nos ríos, pilas e lavadoiros da zona.






Eva, a neta dunha lavandeira

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!!🧺🫧🧼☀️

No CEIP Plurigingüe Novo Mesoiro estamos encantados de presentarvos unha visita moi especial que recibiu o alumnado de 5° de Educación Primaria na biblioteca do centro: Eva, nai dos alumnos Breixo e Xalo.

O alumnado de 5° de Educación Primaria está a traballar a temática das LAVANDEIRAS, en relación ao Proxecto de Centro: O noso barrio.



Así pois, Eva foilles contar á rapazada que a súa avoa Josefa Nión, chamada Josefa a Roxa era lavandeira no século XX. Ela lembraba como a súa avoa tiña un burro no que se trasladaba ata A Coruña para lavar a roupa de varias familias, comentando que era un traballo durísimo no que o salario era moi baixo. 

A verdade, é que os rapaces tiñan un lote preguntas e desfrutaron moitísimo da visita.

Cantando coas mans 🎶🎵

 Bo día  mesoiriños e mesoiriñas!!!🙉🎤🎶🎵 Xa podedes VER e VOTAR o vídeo en lingua de signos co que nos presentamos no CEIP Plurilingüe No...