mércores, 10 de novembro de 2021

O Samaín de Mesoiriño

 Ola  a todos /as!!!

O alumnado de 4ºB, co seu mestre titor David, tecéronlle con moito tento unha gran variedade de disfraces para Mesoiriño. É toda unha obra de arte, e por iso estamos moi orgullosos/as de poder amosalos.



Celebración do Magosto 2021

 Ola a todos/as!

O venres 5 de novembro celebramos a festividade do Magosto no CEIP Novo Mesoiro e contamos coa visita dun castañeiro que permitiunos poder saborear as castañas desta tempada. A continuación, os/as nosos/as compañeiros/as do equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias (AEC) organizaron unha xincana de xogos para todo o alumnado do centro que permitiu que desfrutásemos con xogos tradicionais e nalgúns eran  as castañas as protagonistas.

O Magosto en Galicia celébrase principalmente na primeira quincena de novembro, entre o Día de Todos os Santos (1 de novembro) e o día de San Martiño (11 de novembro). O Magosto é unha festa tradicional tan arraigada na cultura popular galega coma as colleitas e a árbore responsable da mesma: o castiñeiro.




Video do Samaín 2021

Ola a todos/as!! 

Deixámosvos un video da celebración do Samaín do curso académico 2021 elaborado polo equipo das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC). Esperamos que o desfrutedes e vos resulte terroríficooooooooo!!!!





Festividade do Samaín 2021

 Chegou o Samaín ao CEIP Novo Mesoiro, e con el chegaron á nosa escola os espíritos, bruxas,  mouchos, sapos, demos e diaños!! 

Esta festividade de orixe celta, celébrase na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro. Orixinariamente,  servía coma celebración do final da tempada das colleitas  na cultura celta e considerábase como O Novo Ano Celta. Tratábase dunha festa de transición do paso dun ano a outro e tamén de apertura ao outro mundo. Así pois, a palabra Samaín vén do vocablo celta Samhain, que significa fin do verán

A continuación, podedes ver o terrorífica que estaba a nosa entrada da escola. O alumnado, profesorado e persoal non docente chegou o venres 29 de outubro disfrazado das personaxes máis terroríficas, atoparon o centro a escuras e todos os corredores e portas decoradas onde a pouca luz que había viña das candeas que alumeaban algunhas cabazas que elaboraron na casa os/as rapaces/as.










Verba Temática: A volta á escola

Ola a todos/as!!

Estamos encantados de anunciarvos que neste mes outubro damos comezo á actividade anual Verba Temática na que poderá participar todo alumnado, tanto de educación infantil como de educación primaria, coa colaboración das súas familias. Este mes tratará sobre A Volta á escola.

 Para o desenvolvemento desta actividade o alumnado terá que escoller unha verba nova, distinta e curiosa da nosa lingua galega, e acompañala dunha ilustración, facendo un debuxo na tarxeta correspondente para cada mes. Así pois, atoparemos neste blog a tarxeta seleccionada entre todos os nosos/as alumnos/as. 

Esta actividade dará comezo o último venres do mes e rematará o prazo de entrega o último venres de cada mes.





Cantando coas mans 🎶🎵

 Bo día  mesoiriños e mesoiriñas!!!🙉🎤🎶🎵 Xa podedes VER e VOTAR o vídeo en lingua de signos co que nos presentamos no CEIP Plurilingüe No...