martes, 31 de maio de 2022

I Certame de Recitado de Poesía: Florencio Delgado

 Ola mesoiriñ@s!!


No ceip Novo Mesoiro continuamos a celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado a Florencio Delgado. Durante este mes de maio, todos os grupos aula preparáronse para recitar un poema de Florencio Delgado. Así pois, celebramos o I Certame de Recitado de Poesía de Florencio Delgado. Todo o alumnado participou, tanto na etapa de educación infantil como na etapa de educación primaria. O Certame celebrouse no patio cuberto do colexio, de xeito que cada aula saíu a recitar un poema de Florencio Delgado diante de todo o alumnado da escola.

Hubo grupos que cantaron,  outro  rapeou un poema, outros fixeron adornos como bandas da bandera de Galicia, moitos acompañaron o recital con instrumentos musicais como pandeiretas, pandeiros e cunchas.


A continuación, reunímonos as compoñentes do EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) para escoller aos grupos aula gañadores, un da etapa de educación infantil, e na etapa de educación primaria, un  entre 1° e 2°, outro entre 3° e 4°  e outro entre 5° e 6°. 

Desde aquí damos a noraboa aos gañadores/as que foron:

- 6°A de educación infantil. 

- 1°B de educación primaria.

- 4°A de educación primaria.

- 5°A de educación primaria


Ademais dos premios, entregáronse diplomas de participación a todas as aulas así como marcapáxinas das Letras Galegas.


















venres, 20 de maio de 2022

Cinema na escola

 Ola mesoiriñ@s!!

Os noso alumnado e profesorado de 5° de Educación Primaria, participou no Concurso Cinema na escola. Fixeron uns cortos audiovisuais coma se foran verdaderos actores de Hollywood. 

Os nosos titores de 5ºA e 5ºB asistiron á gala xa que estaban nominados ao mellor guion. E desde aquí, queremos darlles a noraboa por levar o premio o mellor guion. Estamos orgullosísimos do gran traballo levado a a cabo e todo esforzo que fixeron, tanto o alumnado de 5º de educación primaria como o profesorado.

A continuación, deixámosvos os enlaces da aula de 5°A co título de O segredo de San Martiño e de 5°B co título de A cámara. Desde aquí, damoslles a noraboa polo gran traballo feito!!!


                                                    Vídeo 5°A





                                                    Vídeo 5°B



PREME AQUÍ PARA VER A GALA


PREME AQUÍ PARA VER OS VIDEOS PRESENTADOS

Semana das Letras Galegas: Decoración de aulas e corredores.

 Ola mesoiriñ@s!

O alumnado está decorando as aulas e os corredores do noso Ceip Novo Mesoiro conmemorando ao autor homenaxeado Florencio Manuel Delgado Gurriarán. A continuación, amosamos diferentes imaxes para que vexades o fermoso que temos o centro e o esforzo que fixeron os rapaces/as:






Decoramos os corredores coa biografía, cronoloxía e obra do autor, e outros carteis do Día das Letras Galegas, todos relacionados co autor homenaxeado Florencio Manuel Delgado Gurriarán.
No seguinte video podedes ver o fermosos que están os corredores do centro:








Exposición de roupaxe e instrumentos tradicionais galegos

 Ola mesoiriñ@s!!

Hoxe presentámosvos unha marabillosa exposición de Roupaxe e intrumentos tradicionais galegos. Atoparédela na entrada do noso colexio Ceip Novo Mesoiro. Cada cousiña está etiquetada co seu nome identificativo en lingua galega. 



Para levala acabo contamos coa colaboración da Residencia de Maiores Domusvi Matogrande, A escola de música ¡Música Maestro! de Mesoiro, a Asociación de País e Nais do centro e o claustro de profesores/as do Ceip Novo Mesoiro, a Asociación de Música e Danza Queiroa e a mercería La manzana de Eva.

Podemos atopar instrumentos tan espectaculares da nosa tradición galega como o acordeón, diferentes tipos de pandeiretas, pandeiros, maracas, ocarina, carrizo, xoanllas, tarangoñas, saxofón, charrasco, ... 




Tamén podemos atopar dous maniquís con prendas de roupa rexional e de faena de muller e rapaza e de home: saia, mantelo, mandil, dengue, zocos...

Fixemos unha decoración coa bandeira de Galicia acompañada dunha serie de Palabras Fermosas como: Luscofusco, fermenta, polo, fanequeras...















mércores, 18 de maio de 2022

Rosco de Florencio Delgado: A xogar!

 Ola mesoiriñ@s!

Presentámosvos unha actividade moi divertida coa que podedes  coñecer a biografía e obra do autor homenaxeado pola Real Academia Galega:  Florencio Delgado.




Esta actividade está elaborada en  colaboración co Seminario Galán. É un rosco con actividades en geneal.ly. Podedes xogar a través do seguinte enlace:

ROSCO DE MANUEL DELGADO


Letras Galegas: Manuel Florencio Delgado Gurriarán

 Ola mesoiriñ@s!!!

Por fin chegou a Semana das Letras Galegas, aínda que no CEIP Novo Mesoiro xa levamos todo o mes a celebrar esta conmemoración, pois desfrutamos celebrando o día da nosa lingua, o Día das Letras Galegas. Este ano 2022 está dedicado ao autor Florencio Manuel  Delgado Guarriarán, reflexo da cultura  galega no século XX.





A continuación, deixámosvos video musical para coñecer mellor ao autor homenaxeado Florencio Delgado:



xoves, 12 de maio de 2022

Concerto didáctico polas Letras Galegas

 Boas a todos/as!!!

No Ceip Novo Mesoiro tiñamos moita ilusión por poder celebrar a nosa conmemoración favorita: A Semana das Letras Galegas 2022, e hoxe puidémola inaugurar coa visita da Escola de Música Maestro, na que asiste un gran número de alumnos/as, xa que atópase no barrio de Mesoiro.


O multiinstrumentista tradicional Luis Bolón levou a cabo unha presentación dos intrumentos típicos tradiconais galegos, como a ocarina, a zanfona, as tarrañolas, o acordeón, a sartén, as castañolas, o bombo, a pandeireta, ...

Todo o alumnado do centro estivo presente no concerto e o alumnado de educación primaria participou activamente levando a cabo o acompañamento instrumental cun instrumento de elaboración  propia con material de refugallo. Foi Arantxa, a mestra de Música a que organizou a elaboración destes instrumentos, así como a preparación do compañamento de muiñeira.







A continuación presentamos un video resumindo o concerto:
















Cantando coas mans 🎶🎵

 Bo día  mesoiriños e mesoiriñas!!!🙉🎤🎶🎵 Xa podedes VER e VOTAR o vídeo en lingua de signos co que nos presentamos no CEIP Plurilingüe No...