luns, 28 de novembro de 2022

Contacontos en galego

 Bo día mesoirños e mesoiriñas!!!🥰🥰


Na etapa de educación infantil do CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro estamos a levar a cabo sesións de contacontos de xeito mensual. Este mes de novembro traballouse o conto de Maruxa.

Os rapaces e rapazas de educación infantil utilizaron materiais tan chamativos como a fariña, aula e fermento.




💜💜 25 N 💜💜

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!!💜💜💜


O venres 25 de novembro no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Colocamos unha pancarta na entrada da escola elaborada polo alumnado de xeito que cada aula encargouse de pintar unha parte. Tamén colocamos outro cartel no corredor de arriba onde se atopan aulas de educación primaria.





Todo o alumnado e profesorado da escola, tanto de educación infantil como de educación primaria, vestiuse de negro e baixou ao patio cunha cartolina coloreada de violeta ou morada, como símbolo de apoio á eliminación da violencia contra a muller.

Todos e todas cantamos a canción La puerta Violeta, de Rozalén. A aquí podedes ver a versión en galego:

A continuación, amosamos as cartolinas e fixemos unha fotografía desde o aire cun dron. Aquí podedes ver o resultado. A nós parécenos fabuloso!










xoves, 24 de novembro de 2022

Verba temática do Samaín e o Magosto

 

Bo día mesoiriños e mesoiriñas!!!☠️🕷☻️


No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro xa temos seleccionadas as Verbas Temáticas do Samaín e do Magosto  deste curso académico 2022-2023. Nelas atopamos palabras tan xeitosas como: CALDUDAS, BELECA, CAVEIRA, LOBISHOME, ESQUELETO, PANTASMA, CALACÚ...

Para o desenvolvemento desta actividade o alumnado, xunto coa colaboración da súa familia, ten que escoller unha verba nova, distinta e curiosa da nosa lingua galega, e acompañala dunha ilustración, facendo un debuxo na tarxeta correspondente para cada conmemoración. Así pois, atoparemos neste blog a tarxeta seleccionada entre todos o alumnado en cada aula.

A continuación, presentamos as verbas elixidas en cada grupo aula:


4°A Educación  Infantil: José Miguel


4°B Educación Infantil: ZOE


5°A Educación Infantil: VALENTINA


5ºB Educación Infantil: ROI


6° Educación Infantil A: SOFÍA

6° Educación Infantil B:


1°A Educación Primaria: CARLA

1°B Educación Primaria: IAGO

2°A Educación Primaria: ERIC


2°B Educación Primaria: SARA


3°A Educación Primaria: BRAIS


3°B Educación Primaria: CARMEN


4°A Educación Primaria:HELENA


4°B Educación Primaria: SAMANTHA


5°A Educación Primaria: ROI

5°B Educación Primaria:MIGUEL

6°Educación Primaria:LEO


6°B Educación Primaria: LAURA






























venres, 4 de novembro de 2022

Conmemoración do Magosto 2022 😁🧅🧅🧅

 Boas mesoiriños e mesoiriñas!!!🧅🧅🧅


Desde o Ceip Novo Mesoiro queremos desexarvos un feliz Magosto!! Encántanos celebrar esta festa tradicional galega que a rapazada desfruta tanto.

Hoxe, 4 de novembro, no colexio fixemos unha gran celebración con todo o alumnado de educación infantil e de educación primaria.

Fixemos unha merenda no patio no que todos/as comimos castañas, grazas ao traballo da ANPA e Jardanay. Estaban boísimasss!!!😋😋😋🧅🧅🧅

Despois fixemos unha xornada de seis xogos tradicionais e algúns con castañas, de 15 min. de duración cada un, polos que ía rotando cada curso. O alumnado foi rotando polos seguintes xogos: Relevocastaña, Castañaquente, Paracastaña, RapapaCastaña, LimboCastaña e ChapaCastaña.

A continuación deixamos unha mostra:

PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO.










Cantando coas mans 🎶🎵

 Bo día  mesoiriños e mesoiriñas!!!🙉🎤🎶🎵 Xa podedes VER e VOTAR o vídeo en lingua de signos co que nos presentamos no CEIP Plurilingüe No...