APARTADOS

mércores, 5 de xaneiro de 2022

Visita do Apalpador

 Bo Nadal a todos/as!

A última semana, antes das vacacións de Nadal, os nosos/as pequenos/as tiveron a horna de recibir unha visita moi especial desde as montañas do Courel: O Apalpador

Esta actividade levouse a cabo coa colaboración da Residencia de maiores Matogrande o que nos reconforta moitísimo poder poñer en contacto os nenos/as cos maiores.

Este personaxe de tradición galega, trouxo regalos para os máis pequenos da escola, desde o alumnado da etapa de educación infantil ata o alumnado de 1° e 2º de educación primaria. 

Esta actividade organizouse na biblioteca, xunto co noso logo do Bibliomesoiriño, e os rapaces aproveitaron para facerlle entrega da súa carta elaborada en grupo por cada clase e comentarlle os seus desexos, que en ningún caso se trataban de bens materiais. Desde xeito, o Apalpador atopaba desexos tales como: que non haxa violencia, que desapareza o Covid, que todos/as teñamos moitos bicos e apertas, amor, amizade, paz, ilusións, etc.

Os rapaces/as fixéronlle moitas preguntas e algún grupo ata lle cantou a canción O Apalpador de Pablo Díaz, do disco Toc Toc que se estaba traballando desde o equipo de educación musical durante toda a semana de Nadal.














Ningún comentario:

Publicar un comentario