martes, 20 de decembro de 2022

Visita do Apalpador polo Nadal

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!🛖🪵🌄⛰️

Hoxe estamos moi ledos de poder celebrar estes días de Nadal no Ceip Novo Mesoiro cunha figura galega que vén desde os montes do Courel: O Apalpador. 

Mesoiriño Apalpador

Apalpador 

O Apalpador visitou ao alumnado de Educación Infantil e 1° e 2° de Educación Primaria. A rapazada puido entregarlle unha carta pedindo os seus máis especiais desexos. O Apalador contoulles a súa historia e levou a cabo unha entrega de agasallos a cada grupo aula.







Para os que non coñezades ao Apalpador, imos dar un pouquiño de información a continuación:

ApalpadorApalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos/as, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Semana das Letras Galegas 2024 💙📖🩵

  Que tal mesoiriños e mesoiriñas?!!!!🩵📖💙 No  CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro encántanos festexar  O Día das Letras Galegas 2024 (17 de ma...