venres, 4 de novembro de 2022

Conmemoración do Magosto 2022 😁🧅🧅🧅

 Boas mesoiriños e mesoiriñas!!!🧅🧅🧅


Desde o Ceip Novo Mesoiro queremos desexarvos un feliz Magosto!! Encántanos celebrar esta festa tradicional galega que a rapazada desfruta tanto.

Hoxe, 4 de novembro, no colexio fixemos unha gran celebración con todo o alumnado de educación infantil e de educación primaria.

Fixemos unha merenda no patio no que todos/as comimos castañas, grazas ao traballo da ANPA e Jardanay. Estaban boísimasss!!!😋😋😋🧅🧅🧅

Despois fixemos unha xornada de seis xogos tradicionais e algúns con castañas, de 15 min. de duración cada un, polos que ía rotando cada curso. O alumnado foi rotando polos seguintes xogos: Relevocastaña, Castañaquente, Paracastaña, RapapaCastaña, LimboCastaña e ChapaCastaña.

A continuación deixamos unha mostra:

PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO.










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Semana das Letras Galegas 2024 💙📖🩵

  Que tal mesoiriños e mesoiriñas?!!!!🩵📖💙 No  CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro encántanos festexar  O Día das Letras Galegas 2024 (17 de ma...