xoves, 27 de outubro de 2022

Actividades aterradoras no Samaín ☠️🕷🎃

 Bo día mesoiriños e mesoiriñas!!!🕷☻️💀☠️🎃


A continuación, ímosvos amosar as actividades que estamos a levar a cabo ao longo desta semana no CEIP Novo  Mesoiro para conmemorar o Samaín: Castañas, buxainas e trompos entre otras moitas cousas.

No patio fíxose unha Queima de menos na que todo o alumnado da escola reunirse no patio para levar a cabo a queima de pequenas fichas nas que a rapazada debuxou e/ou escribiu o se máis aterrecedor medo.



Todas as aulas fixeron unha visita á   Casa arrepiante decorada como unha casa do terror. Nela proxectouse unha historia de terror e despois levouse a cabo unha lectura de relatos de terror.

Mentres o alumnado de educación infantil e 1°, 2° e 3° de educación primaria decoraron os corredores co Mesoiriño terrorífico, o alumnado de 4°, 5° e 6° de educación primaria participou nun Concurso de relatos de terror, tomando como contexto o noso barrio. Os gañadores/as leron na Casa Arrepiante os seus relatos. 













O alumnado de educación primaria asistiu a unha exhibición de buxainas que foi un éxito absoluto! Podédelo comprobar no seguinte video:



Fíxose unha mostra de cabazas decoradas que o alumnado trouxo da casa, recibindo un diploma de participación.





Ademais de todo isto, todo o alumnado e profesorado luciu o seu disfrace máis espantoso:































Ningún comentario:

Publicar un comentario

Semana das Letras Galegas 2024 💙📖🩵

  Que tal mesoiriños e mesoiriñas?!!!!🩵📖💙 No  CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro encántanos festexar  O Día das Letras Galegas 2024 (17 de ma...