luns, 28 de novembro de 2022

💜💜 25 N 💜💜

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!!💜💜💜


O venres 25 de novembro no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Colocamos unha pancarta na entrada da escola elaborada polo alumnado de xeito que cada aula encargouse de pintar unha parte. Tamén colocamos outro cartel no corredor de arriba onde se atopan aulas de educación primaria.





Todo o alumnado e profesorado da escola, tanto de educación infantil como de educación primaria, vestiuse de negro e baixou ao patio cunha cartolina coloreada de violeta ou morada, como símbolo de apoio á eliminación da violencia contra a muller.

Todos e todas cantamos a canción La puerta Violeta, de Rozalén. A aquí podedes ver a versión en galego:

A continuación, amosamos as cartolinas e fixemos unha fotografía desde o aire cun dron. Aquí podedes ver o resultado. A nós parécenos fabuloso!










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Semana das Letras Galegas 2024 💙📖🩵

  Que tal mesoiriños e mesoiriñas?!!!!🩵📖💙 No  CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro encántanos festexar  O Día das Letras Galegas 2024 (17 de ma...