luns, 24 de outubro de 2022

Festexo polo Samaín 2022 💀🎃🕷☠️☻️

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!!

Que ansia tiñamos de festexar o Samaín!!! Toda esta semana, do 24 ao 28 de outubro, no CEIP Novo Mesoiro, imos desfrutar da conmemoración desta festividade celta.

Ao longo de toda a semana imos ter unha gran cantidade de sorpresas aterradoras. A entrada da escola está decorada cun esqueleto, caveiras, ratas, arañas que protexen os seus ovos, e dous grandes espíritos arrepiantes que sobrevoan para facer tremer a todo o colexio.

O Equipo de Biblioteca, presenta unha serie de recomendacións lectoras de libros en galego relacionados coa temática do Samaín.

Toda a comunidade educativa está invitada a visitala nosa entrada terrorífica:








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Revista dixital A Voz de Mesoiriño

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!! Xa está aquí a terceira edición da Revista Dixital A Voz de Mesoiriño !!! Desfrutádea!!!