Xa está aquí!!!! 🩵👏🎉
Mesoiriñas e mesoiriños, xa podedes ver a II Edición da Revista Escolar Dixital "A Voz de Mesoiriño" 2023-2024!!📝📝
Atoparedes actividades de todo o alumnado de educación infantil e primaria, do profesorado especialista, dos diferentes equipos docentes, etc.
Tamén, temos en primicia, unha entrevista a Susana Villalta, irmá de Luísa Villalta, autora homenaxeada pola Real Academia Galega para o Día das Letras Galegas 2024.
Poderedes ver a Mención de honra que gañamos no Concurso Escolar de Canción en Lingua de Signos Española "Cantamos coas mans", organizado pola FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).
E moitas cousas máis!!!
Orgullosos/as polo resultado final!!👏👏 Esperamos que vos guste😊
Ningún comentario:
Publicar un comentario