xoves, 30 de maio de 2024

Entrega de premios "Cantamos coas mans"🏆

Boa tarde mesoiriñas e mesoiriños,

Hoxe estamos especialmente emocionados porque foi a entrega de premios da VII Edición do Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española "Cantamos coas mans", organizado pola Faxpg (Asociación de Federacións de Persoas Xordas de Galicia) na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Así que, ata alí foron todas e todos os que participaron na gravación do vídeo para recoller o premio pola  2°MENCIÓN DE HONRA outorgada e un diploma de recoñecemento. Despois, levouse a cabo a nosa actuación xunto co resto dos outros catro centros gañadores.

Carlota e Samuel, alumnado de 6° de educación primaria, leron un discurso, e Adela, coordinadora do EDLG e mestra de 6° de educación primaria, recolleu o premio e o diploma, en representación de toda a comunidade educativa.



 Este premio é unha honra inmensa para o noso centro e unha motivación para seguir traballando con máis forza e dedicación nos vindeiros cursos.

No noso centro temos a sorte de contar con alumnado con xordeira así como unha intérprete de lingua de signos, que son un exemplo para os demais.

Deste xeito, comprometémonos a seguir traballando con todas as nosas forzas por esta causa tan importante.


A continuación, podedes ver a actuación, o discurso, a foto dos representantes de todos o centros, e fotos de diferentes momentos desta gala tan emocionante:







Aquí podes ver un resumo de toda a gala
.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Revista dixital A Voz de Mesoiriño

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!! Xa está aquí a terceira edición da Revista Dixital A Voz de Mesoiriño !!! Desfrutádea!!!