No Ceip Novo Mesoiro tiñamos moita ilusión por poder celebrar a nosa conmemoración favorita: A Semana das Letras Galegas 2022, e hoxe puidémola inaugurar coa visita da Escola de Música Maestro, na que asiste un gran número de alumnos/as, xa que atópase no barrio de Mesoiro.
O multiinstrumentista tradicional Luis Bolón levou a cabo unha presentación dos intrumentos típicos tradiconais galegos, como a ocarina, a zanfona, as tarrañolas, o acordeón, a sartén, as castañolas, o bombo, a pandeireta, ...

Todo o alumnado do centro estivo presente no concerto e o alumnado de educación primaria participou activamente levando a cabo o acompañamento instrumental cun instrumento de elaboración propia con material de refugallo. Foi Arantxa, a mestra de Música a que organizou a elaboración destes instrumentos, así como a preparación do compañamento de muiñeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario