luns, 25 de abril de 2022

Día Internacional do Libro

Bo día a todos desde o Ceip Novo Mesoiro!!


A semana pasada celebramos a conmemoración do Día Internacional do Libro, aínda que é o 23 de abril, na nosa escola celebrámolo durante toda a semana:  do 18 ao 22 de abril.

A partir de 3º de educación primaria, cada clase escolleu un conto, unha historia ou creou unha eles/as mesmos para contarllela aos compañeiros/as da clase asignada. Podíase realizar como se quixera: como un contacontos, como unha obra teatral, con títeres ou marionetas, sen materiais ...

A continuación, podemos ver como o alumnado de 4ºA de educación primaria, interpretou a través dunha obra de teatro en lingua galega o conto popular de Brancaneves e os sete ananiños/as, para alumnado de educación infantil:

VÍDEO DE 4º A: BRANCANEVES E OS SETE ANANIÑOS/AS




O alumnado de 3ºB tamén escenificou unha lectura: Daniela pirata.



E o resto dos cursos fixeron unha lectura ao grupo aula correspondente, algúns co apoio de imaxes visuais:














Ningún comentario:

Publicar un comentario

Semana das Letras Galegas 2024 💙📖🩵

  Que tal mesoiriños e mesoiriñas?!!!!🩵📖💙 No  CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro encántanos festexar  O Día das Letras Galegas 2024 (17 de ma...