Bo Nadal a todos/as!
A última semana, antes das vacacións de Nadal, os nosos/as pequenos/as tiveron a horna de recibir unha visita moi especial desde as montañas do Courel: O Apalpador.
Esta actividade levouse a cabo coa colaboración da Residencia de maiores Matogrande o que nos reconforta moitísimo poder poñer en contacto os nenos/as cos maiores.
Este personaxe de tradición galega, trouxo regalos para os máis pequenos da escola, desde o alumnado da etapa de educación infantil ata o alumnado de 1° e 2º de educación primaria.
Esta actividade organizouse na biblioteca, xunto co noso logo do Bibliomesoiriño, e os rapaces aproveitaron para facerlle entrega da súa carta elaborada en grupo por cada clase e comentarlle os seus desexos, que en ningún caso se trataban de bens materiais. Desde xeito, o Apalpador atopaba desexos tales como: que non haxa violencia, que desapareza o Covid, que todos/as teñamos moitos bicos e apertas, amor, amizade, paz, ilusións, etc.
Os rapaces/as fixéronlle moitas preguntas e algún grupo ata lle cantou a canción O Apalpador de Pablo Díaz, do disco Toc Toc que se estaba traballando desde o equipo de educación musical durante toda a semana de Nadal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario