mércores, 5 de xaneiro de 2022

Scape Room do Apalpador

 Ola a todos/as!

Neste post imos presentar unha actividade nova, soprendente e que causou sensación entre os rapaces/as. Desde o equipo de dinamización da bliblioteca e de dinamización da lingua galega quixemos presentar unha actividade totalmente innovadora: SCAPE ROOM.

Esta actividade levouse a cabo da man de Paco, mestre titor de 5º B. Hai que salientar a súa creatividade, capacidade de invención e inxenio, e motivación cara o traballo que fan que todos/as queramos traballar ao seu carón.

O Scape Room está dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria. Para os que non coñezades en que consiste un scape room, trátase dunha habitación ou local no que se encerra a un grupo de aventureiros/as e investigadores/as co obxectivo de conseguir escapar da mesma.

Tendo en conta esta idea, cada clase foi a aula de informática onde xa estaba preparado todo o material para investigar e tratar de resolver todos os enigmas.

A temática era sobre o Apalpador e atopábanse actividades de pensamento lóxico a través de quebracabezas, xoquetes de construción, etc., todo cun tempo establecido. Finalmente, había que atopar a clave que abría o candado da
caixa que contiña o enigma final e poder así conseguir uns agasallos para a aula. 

En definitiva, foi unha experiencia única, irrepetible e moi divertida.


















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Semana das Letras Galegas 2024 💙📖🩵

  Que tal mesoiriños e mesoiriñas?!!!!🩵📖💙 No  CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro encántanos festexar  O Día das Letras Galegas 2024 (17 de ma...