xoves, 13 de xullo de 2023

Exposición viaxeira

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!!🎶🎺🪇🥁🪘🪇

Outro ano máis, no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro, quixemos compartir a exposición de Roupaxes e intrumentos galegos cos nosos maiores, en concreto coa Residencia de maiorea Domusvi La Ciudad.


Tras montar todas as cousiñas puidemos falar con algúns das/dos residentes, que comentaban que ía tempo que non vían moitos dos instrumentos e prendas de roupa e complementos. Daba gusto velos desfrutar como se do seu fogar se tratara.







xoves, 15 de xuño de 2023

REVISTA ESCOLAR 2022-2023

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!!


Hoxe é un día moi especial porque, posiblemente sexa a publicación máis importante deste curso escolar 2022-2023 no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro. Desde o EDLG sentímonos orgullosos/as e ilusionados/as co traballo desenvolvido por todo o alumnado e todo o profesorado.

Presentámosvos a  primeira edición da

 REVISTA ESCOLAR:






Verba Temática: Letras Galegas

  Bo día mesoiriños e mesoiriñas!!


No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro xa temos seleccionadas as Verbas Temáticas das Letras Galegas deste curso académico 2022-2023. Poderedes atopar palabras tan fermosas como: GALICIA INFINDA, LEBRANZA, FALDRIQUEIRA, XUME, PANEXÍLICO, LOAR,LINGUA, LOURENZÁ,  etc.

Para o desenvolvemento desta actividade o alumnado, xunto coa colaboración da súa familia, ten que escoller unha verba nova, distinta e curiosa da nosa lingua galega, e acompañala dunha ilustración, facendo un debuxo na tarxeta correspondente para cada conmemoración. Así pois, atoparemos neste blog a tarxeta seleccionada entre todos o alumnado en cada aula.

A continuación, presentamos as verbas elixidas en cada grupo aula:

4°A Educación Infantil: ANDRÉ

4°B Educación Infantil: ALBA

5° A Educación Infantil: LOIS

5°B Educación Infantil: VALERIA

6°A Educación Infantil: ALICIA

6°B Educación Infantil: 

1°A Educación Primaria: CARLA

1°B Educación Primaria: NICOLE

2°A Educación Primaria: MIGUEL

2°B Educación Primaria: SARA

3°A Educación Primaria: NOA

3°B Educación Primaria: MATEO

4°A Educación Primaria: RAQUEL

4°B Educación Primaria: CLARA

5°A Educación Primaria: XALO

5°B Educación Primaria: ALBA










venres, 19 de maio de 2023

Bailamos unha muiñeira💃💃💙💚

 Bo día mesoiriños e mesoiriñas!!!!💃💃🩵💛💙

Hoxe estamos de celebración no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro, xa que estamos a conmemorar o Día das Letras Galegas. E que mellor maneira que facelo bailando!!

Todo o alumnado do colexio bailou no patio da escola unha muiñeira coa colaboración da Asociación Queiroa de Música e Baile.



luns, 15 de maio de 2023

Exposición de roupaxe e intrumentos tradicionais galegos

Bo día,  mesoiriños e mesoiriñas!!! 💜🩵💙💚

Queremos conmemorar o Día das Letras Galegas (17 de maio) coa presentación dunha marabillosa exposición de Roupaxe e intrumentos tradicionais galegos. Atoparédela na entrada do noso colexio Ceip Plurilingüe Novo Mesoiro. Cada cousiña está etiquetada co seu nome identificativo en lingua galega. 

Para levala a cabo contamos coa colaboración da Residencia de Maiores DomusVi La Ciudad, a escola de música do noso barrio de Mesoiro Música Maestro!, a Asociación de País e Nais do centro e o claustro de profesores/as do CEIP Plurilingüe  Novo Mesoiro, a Asociación de Música e Danza Queiroa e a mercería La manzana de Eva, que nos prestou os maniquís.

Podemos atopar instrumentos tan espectaculares da nosa tradición galega como o acordeón, diferentes tipos de pandeiretas, pandeiros, maracas, ocarina, carrizo, xoanllas, saxofón, clarinete, ... 

Tamén podemos atopar dous maniquís con prendas de roupa rexional de muller e tamén de faena de home, así como un traxe rexional de rapaza: saia, mantelo, mandil, dengue, zocos...





















Libro de refráns

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!!

Esta é a semana máis especial do curso para o Equipo de Dinamización da Lingua Galega  (EDLG) do CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro xa que estamos a conmemorar o Día das Letras Galegas (17 de maio). Temos preparadas moitísimas sorpresas que poderedes ver ao longo da semana.

Hoxe comenzamos presentando un Libro de refráns das estacións e os meses do ano elaborado por todo o alumnado do centro. Por unha banda, a rapazada de educación infantil elaborou un refrán por cada estación do ano, mentres que o alumnado de educación primaria fixo un para cada mes do ano.

Este libro está exposto na biblioteca da escola xunto con outros libros en galego elaborados polo alumnado.









venres, 21 de abril de 2023

Concurso FAXPG: VOTÁDENOS!!!

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!!🥰🥰🥰


Xa esta aquí o vídeo de Diferentes Diferenzas de Silvia Penide co que participamos o CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro no VI Concurso Cantamos coas mans organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

Tendes de prazo desde o 21 ao 27 de abril ás 12:00h.


PREME AQUÍ PARA VOTAR


PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO



Revista dixital A Voz de Mesoiriño

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!! Xa está aquí a terceira edición da Revista Dixital A Voz de Mesoiriño !!! Desfrutádea!!!