Ola mesoiriños e mesoiriñas!!!
Esta é a semana máis especial do curso para o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro xa que estamos a conmemorar o Día das Letras Galegas (17 de maio). Temos preparadas moitísimas sorpresas que poderedes ver ao longo da semana.
Hoxe comenzamos presentando un Libro de refráns das estacións e os meses do ano elaborado por todo o alumnado do centro. Por unha banda, a rapazada de educación infantil elaborou un refrán por cada estación do ano, mentres que o alumnado de educación primaria fixo un para cada mes do ano.
Este libro está exposto na biblioteca da escola xunto con outros libros en galego elaborados polo alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario