sábado, 1 de xuño de 2024

Xornada de portas abertas ás familias

 Bo día mesoiriñas e mesoiriños,

Encántanos poder informarvos de que o CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro realiza unha XORNADA DE PORTAS ABERTAS ÁS FAMILIAS para dar a coñecer todas as actividades desenvolvidas ao logo deste curso 2023-2024 sobre o P.D.I.:A historia.

Está xornada de portas abertas será os días 10 e 11 de xuño, de 16h. a 19h.  A visita comeza polo corredor de educación primaria, onde se atopa a liña do tempo, con cada un dos períodos da historia que escolleu cada curso para traballar al longo de todo o curso. En cada período, poderedes atopar todos os traballos realizados e un código QR cun vídeo elaborado polo alumnado de cada curso.

A liña do tempo remata la Segund dea Guerra Mundial, que é o período histórico escollido por 6° de educación primaria.

A visita remata cunha impresionante Exposición de obxectos inéditos da Segunda Guerra Mundial e un Aula Antiga Galega da época. Para esta exposición contamos coa colaboración do Voluntariado Social Fonseca e para a aula antiga, co Mupega (Museo Pedagóxico de Galicia).

Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós!!,💖💖






























xoves, 30 de maio de 2024

Entrega de premios "Cantamos coas mans"🏆

Boa tarde mesoiriñas e mesoiriños,

Hoxe estamos especialmente emocionados porque foi a entrega de premios da VII Edición do Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española "Cantamos coas mans", organizado pola Faxpg (Asociación de Federacións de Persoas Xordas de Galicia) na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Así que, ata alí foron todas e todos os que participaron na gravación do vídeo para recoller o premio pola  2°MENCIÓN DE HONRA outorgada e un diploma de recoñecemento. Despois, levouse a cabo a nosa actuación xunto co resto dos outros catro centros gañadores.

Carlota e Samuel, alumnado de 6° de educación primaria, leron un discurso, e Adela, coordinadora do EDLG e mestra de 6° de educación primaria, recolleu o premio e o diploma, en representación de toda a comunidade educativa.



 Este premio é unha honra inmensa para o noso centro e unha motivación para seguir traballando con máis forza e dedicación nos vindeiros cursos.

No noso centro temos a sorte de contar con alumnado con xordeira así como unha intérprete de lingua de signos, que son un exemplo para os demais.

Deste xeito, comprometémonos a seguir traballando con todas as nosas forzas por esta causa tan importante.


A continuación, podedes ver a actuación, o discurso, a foto dos representantes de todos o centros, e fotos de diferentes momentos desta gala tan emocionante:







Aquí podes ver un resumo de toda a gala
.



martes, 14 de maio de 2024

Semana das Letras Galegas 2024 💙📖🩵

 Que tal mesoiriños e mesoiriñas?!!!!🩵📖💙

No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro encántanos festexar O Día das Letras Galegas 2024 (17 de maio), en honor de Luísa Villalta.

Comezamos conmemorándo está efeméride coa visita de Susana Villalta e María Gómez, irmán e nai de Luísa Villalta. Preme aquí para ver está publicación.

Ademais, montamos unha AULA ANTIGA GALEGA na entrada da escola coa que deixamos abraiada á rapazada. Lembrade que, as familias, tendes ata o 11 de xuño para poder a visitar esta aula. Esta exposición itinerante está realizada con material do Museo Pedagóxico de Galicia, en Santiago de Compostela. 

Animádevos a visitala!!!

Tamén, decoramos a entrada cos carteis sobre a vida e obra de Luísa Villalta que nos facilita a Consellería de Galicia.










xoves, 9 de maio de 2024

Entrevista con Susana Villalta 💕📝

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!!!📝💚💙

No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro tivemos a honra de poder recibir a visita de Susana Villalta e María Gómez, irmá e nai de Luísa Villalta Gómez, autora homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2024, por parte da Real Academia Galega.

Estando a piques de conmemorar o Día das Letras Galegas, sentímonos afortunados e agradecidos por esta visita, xa que Susana e María nos contaban que están a vivir un momento pletórico, con continuos actos e conmemoracións dedicados a Luísa.

O alumnado de 6° de educación primaria recibiu na biblioteca a Susana e a María para poder facer unha entrevista sobre Luísa Villalta e publicala na revista escolar dixital "A Voz de Mesoiriño".

Despois da entrevista, Susana, con moito agarimo, leulles á rapazada unhas follas do seu libro "Luísa Villalta, a nosa estrela". Este libro infantil ilustrado trata sobre a vida persoal da súa irmá Luísa. Ademáis, asinounos un exemplar para a biblioteca escolar. 














Correlingua polo barrio de Mesoiro

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!!!

Por mor do tempo atmosférico, pospúxose a actividades.de Correlingua. O 31 de maio, alumnado puido asistir e desfrutar dunha xornada moi satisfactoria.

Pola contra, o alumnado de 6° de educación primaria, tivo que realizar o seu propio Correlingua polo barrio de Mesoiro. A verdade, e que resultou moi divertido!







venres, 19 de abril de 2024

GAÑAMOS UNHA MENCIÓN DE HONRA!!!🏆🏆

 Bo día mesoiriñas e mesoiriños!!!🏆🏆

No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro estamos de noraboa por conseguir un dos premios otorgados no VII Concurso Escolar en Lingua de Signos Española "Cantando coas man" da FAXPG ( Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia) cunha MENCIÓN DE HONRA do xurado.

Estamos orgullosísimos e ilusionadísimos con este premio, xa que, detrás hai un duro traballo por parte de moitos membros da comunidade educativa.

O 30 de maio recibiremos o premio nun acto no auditorio máis grande da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Polo que o centro porá todos os medios posibles para que todos/as os participantes poidan trasladarse para cantar e signar en directo neste importante acto.

https://www.faxpg.es/ganadores-concurso-cantamos-2024-es.html



No seguinte enlace podedes ver a noticia publicada nun conocido xornal coruñes.

PREME AQUÍ PARA VER A NOTICIA NO XORNAL

Tamén podedes escoitar no programa de radio Voces de A Coruña, de RadioVoz, a Rebeca, directora do centro, e a Adela, coordinadora do EDLG.

PREME AQUÍ PARA ESCOITAR O PROGRAMA DE RADIO. Despois entra no 24 de abril, na parte 3.


PREME AQUÍ PARA  VER O VÍDEO 


venres, 12 de abril de 2024

Cantando coas mans 🎶🎵

 Bo día mesoiriñas e mesoiriños!!!🙉🎤🎶🎵

Xa podedes VER e VOTAR o vídeo en lingua de signos co que nos presentamos no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro á VII Edición do Concurso en Lingua de Signos Española "Cantando coas mans", organizado pola FAXPG (Federación de Asociacións de Personas Xordas de Galicia).

Lembrade votar no seguinte enlace:

PREME AQUÍ PARA VOTAR


A canción escollida foi "Si no estás" de Íñigo Quintero. Desde o EDLG escollimos está canción, no só porque o autor é coruñes, se non que é a canción máis reproducida en Spotify como autor en solitario. Está canción é viral, e gusta tanto aos máis pequenos como aos maiores.

Para a realización deste vídeo contamos coa colaboración do alumnado de 6° de educación primaria traducindo a canción original e adaptándoa á melodía. Ademáis, a mestra de música seleccionou as mellores voces de 5° e 6° de E.P. para facer un coro. No vídeo participa unha representación de toda a comunidade educativa: alumnado de todas as etapas educativas, a intérprete en lingua de signos, profesorado, auxiliar técnico educativo, nais e pais, persoal de limpieza e de comedor.


Revista dixital A Voz de Mesoiriño

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!! Xa está aquí a terceira edición da Revista Dixital A Voz de Mesoiriño !!! Desfrutádea!!!