venres, 1 de decembro de 2023

Belén montado polo Voluntariado Social Fonseca

 Bo Nadal, mesoiriñas e mesoiriños!!!🎅🌲

Este curso temos unha decoración apaixoante no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro! Decoramos a entrada, e agora tócalle á rapazada decorar os corredores nos próximo días.

Na entrada da escola, temos unha árbore de Nadal xigantesca, unha selección de libros con esta temática, un calendario de advento en lingua de signos  e un fermosísimo belén, no recanto de Relixión Católica.

O belén foi montado pola presidenta do Voluntariado Social Fonseca, cos que matemos unha estreita colaboración ao longo se todo o curso a través do EDLG. Hai que salientar que a este belén non lle falta detalle e está montado cun gusto exquisito. E todolos días o alumnado fai unha paradiña para observar as figuras, mais, sen dúbida, a preferida é o neno cagón 😂.

No calendario de advento, a cada día correspóndelle a imaxe dunha verba de Nadal que   destaparemos diariamente,  atopando una foto cun mestre/a amosando a palabra en lingua de signos.












sábado, 25 de novembro de 2023

25 N coas Tanxugueiras e Rozalén 💜💜

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!!💜💜


Feliz 25N: Día Internacional contra a eliminación da violencia contra a muller.

Onte, no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro celebramos esta conmemoración dun xeito moi fermoso. Todo o alumnado do centro deixou a súa pegada violeta coas mans nunha bolboreta e nun lazo, ambos xigantes, como símbolo da non violencia contra a muller.

Decorouse a entrada da escola coa bolboreta e o lazo, cunhas sinais de  stop e salientando ás 52 vítimas deste ano 2023.







Despois, todo o alumnado do centro colocouse nos corredores cantando a canción de A porta violeta de Rozalén e as Tanxugueiras. Esta é unha versión en galego desta canción de tanto éxito.  Para o EDLG esta versión é a mellor maneira de pregoar o noso orgullo galego neste día tan sinalado.

Hoxe deixarémovos o vídeo co resultado final, que a nós nos encanta.



martes, 31 de outubro de 2023

Magosto e Samaín💀☠️

 Bo día mesoiriñas e mesoiriños!!!


Hoxe no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro é o día máis terrorífico de todo o curso!!!Hoxe estamos a conmemorar o Samaín e o Magosto.

A rapazada e o profesorado disfrazáronse do xeito máis espantoso e arrepiante, así como sobre a temática do Magosto.







O alumnado desfrutou dunha terrorífica xornada de xogos levados a cabo no ximnasio e no patio da escola, moitos deles con castañas.





Organizouse unha merenda no patio cubierto de todo o alumnado do centro, e moitos nenos e nenas trouxeron merendas terroríficas.






Ademais de decorar a entrada da escola, os rapaces decoraron os corredores, as aulas e as portas das clases dun xeito escalofriante. 
Moitos dos nenos e nenas expuxeron a súa cabaza máis terrorífica, elaborada na casa coa colaboración das súas familias, decorando así os corredores da escola.


Ao longo do día, o alumnado foi visitando a Casa dos Arrepíos, onde todos puiderondesfrutar dun relato escalofriante.





luns, 30 de outubro de 2023

Ánimas, espectros e fantasmas

 Felices e terroríficos días de Samaín, queridas mesoiriñas e mesoiriños!!!!!!☠️💀👻💀👻☠️

Como saberedes, O Samaín considérase un momento limial no que é máis sinxelo cruzar a fronteira entre o  mundo dos vivos e o dos mortos.

Hoxe, no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro comezamos a ter as primeras visitas pois atopamos un rapaz e unha rapaza fantasmas na entrada da escola. Estes bisbáronnos que durante a xornada escolar de hoxe habería máis visitas polas aulas de diversas ánimas, espectros e fantasmas. 




Así pois, a última hora comezamos a escoitar uns ruidos polos corredores anunciando a visita de tres fantasmas que pasaron por todas as aulas, deixándose ver por todo o alumnado.




Para levar a cabo esta actividade contamos coa doazón de material arrepiante do Voluntariado Social Fonseca. Desde aquí aproveitamos para darlles a grazas e transmitirlles que o estamos a desfrutar do xeito máis terroríficoooooo!!!☠️💀☠️💀





luns, 23 de outubro de 2023

Samaín 2023 ☠️💀

Ola mesoiriñss e mesoiriños!!!!💀☠️💀☠️💀

Desde o EDLG do CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro estamos  ilusionadísmos pois estamos organizando unha das conmemoracións preferidas pola rapazada: O SAMAÍN. Entre todos os equipos do centro temos organizadas un lote de actividades coas que estamos seguros de que vos imos sorprender. Estade atentos que vos iremos informando!



Comezamos a semana coa decoración da entrada da escola máis terrorífica xamáis vista! Podedes visitar a nosa exposición cunha gran variedade material arrepiante doado polo VOLUNTARIADO SOCIAL FONSECA da Coruña. Esta é unha colaboración moi especial para o noso centro pois temos programadas máis colaboracións con eles.

Tamén fixemos un recanto na entrada cunha selección de recomendaciòns lectoras de terror para que todas as aulas poidan desfrutar destas lecturas.
















Revista dixital A Voz de Mesoiriño

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!! Xa está aquí a terceira edición da Revista Dixital A Voz de Mesoiriño !!! Desfrutádea!!!