luns, 15 de maio de 2023

Exposición de roupaxe e intrumentos tradicionais galegos

Bo día,  mesoiriños e mesoiriñas!!! 💜🩵💙💚

Queremos conmemorar o Día das Letras Galegas (17 de maio) coa presentación dunha marabillosa exposición de Roupaxe e intrumentos tradicionais galegos. Atoparédela na entrada do noso colexio Ceip Plurilingüe Novo Mesoiro. Cada cousiña está etiquetada co seu nome identificativo en lingua galega. 

Para levala a cabo contamos coa colaboración da Residencia de Maiores DomusVi La Ciudad, a escola de música do noso barrio de Mesoiro Música Maestro!, a Asociación de País e Nais do centro e o claustro de profesores/as do CEIP Plurilingüe  Novo Mesoiro, a Asociación de Música e Danza Queiroa e a mercería La manzana de Eva, que nos prestou os maniquís.

Podemos atopar instrumentos tan espectaculares da nosa tradición galega como o acordeón, diferentes tipos de pandeiretas, pandeiros, maracas, ocarina, carrizo, xoanllas, saxofón, clarinete, ... 

Tamén podemos atopar dous maniquís con prendas de roupa rexional de muller e tamén de faena de home, así como un traxe rexional de rapaza: saia, mantelo, mandil, dengue, zocos...





















Libro de refráns

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!!

Esta é a semana máis especial do curso para o Equipo de Dinamización da Lingua Galega  (EDLG) do CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro xa que estamos a conmemorar o Día das Letras Galegas (17 de maio). Temos preparadas moitísimas sorpresas que poderedes ver ao longo da semana.

Hoxe comenzamos presentando un Libro de refráns das estacións e os meses do ano elaborado por todo o alumnado do centro. Por unha banda, a rapazada de educación infantil elaborou un refrán por cada estación do ano, mentres que o alumnado de educación primaria fixo un para cada mes do ano.

Este libro está exposto na biblioteca da escola xunto con outros libros en galego elaborados polo alumnado.









venres, 21 de abril de 2023

Concurso FAXPG: VOTÁDENOS!!!

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!!🥰🥰🥰


Xa esta aquí o vídeo de Diferentes Diferenzas de Silvia Penide co que participamos o CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro no VI Concurso Cantamos coas mans organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

Tendes de prazo desde o 21 ao 27 de abril ás 12:00h.


PREME AQUÍ PARA VOTAR


PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO



venres, 31 de marzo de 2023

Obradoiro de xabón "As Lavandeiras"

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!!🙂🙂🙂

Hoxe, o alumnado de 5° de educación primaria do CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro fixo un obradoiro de xabón. Durante este trimestre, este curso estivo a traballar sobre As Lavandeiras, en relación ao Proxecto de Centro que estamos a desenvolver sobre O Noso Barrio.

Elaboraron xabón, ao que chamaron: Xabón As Lavandeiras, cos seguintes ingredientes: Glicerina, aceites esenciais, colorante alimentario e purpurina. A rapazada levou uns cantos xabóns con diferentes formas nunha bolsiña coa súa etiqueta correspondente.



















 

martes, 21 de marzo de 2023

Día da Árbore 🌳🌼🌿🍀🌷

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!🌳🌻🍀🌳🪻🌷🌳🌼🌻


Hoxe, 21 de marzo, desde o CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro queremos desexarvos un feliz Día da Árbore.

Para celebralo cada aula plantou unha árbore elixindo un nome e colocoulle unha etiqueta. Esta actividade levouse a cabo en colaboración coa ANPA Montr do Muíño.










 

xoves, 16 de marzo de 2023

Día mundial da poesía💚💚

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!✍️🗣📚

O día 21 de marzo conmemórase o Día mundial da Poesía, e no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro, como proposta para celebralo, quixemos levar a cabo un recitado de poemas ao longo desta semana e a seguinte. Esta actividade denominámola como:

Xoves e Venres Poéticos.



A autora escollida para traballar a súa obra foi Rosalía de Castro. Deste xeito, o alumnado de 3° ata 6° de educación primaria recita un poema nas aula dos máis pequenos. E, pola contra, a rapazada da etapa de educación infantil e 1° e 2° de educación primaria, cantan un poema de dita autora nas aulas dos maiores.

Esta actividade deu comezo hoxe 16 de marzo, e continúa o 17, o 23 e o 24 de marzo.













mércores, 15 de marzo de 2023

Concurso da portada da Revista Escolar

 Bo día a todos os mesoiriños e mesoiriñas!!!!✍️😊💪


No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro estamos moi felices por presentar o Concurso da portada da Revista Escolar que inauguramos este curso escolar: A Voz de Mesoriño.

O alumnado poderá facer una debuxo relacionado coa temática do Proxecto de Centro que estamos a traballar este curso: O noso barrio.

A rapazada poderá facer este traballo na casa na compañía das súas familias e escolleremos o máis fermoso e orixinal.

A data de entrega é o 30 de marzo.







Revista dixital A Voz de Mesoiriño

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!! Xa está aquí a terceira edición da Revista Dixital A Voz de Mesoiriño !!! Desfrutádea!!!