luns, 25 de abril de 2022

Día Internacional do Libro

Bo día a todos desde o Ceip Novo Mesoiro!!


A semana pasada celebramos a conmemoración do Día Internacional do Libro, aínda que é o 23 de abril, na nosa escola celebrámolo durante toda a semana:  do 18 ao 22 de abril.

A partir de 3º de educación primaria, cada clase escolleu un conto, unha historia ou creou unha eles/as mesmos para contarllela aos compañeiros/as da clase asignada. Podíase realizar como se quixera: como un contacontos, como unha obra teatral, con títeres ou marionetas, sen materiais ...

A continuación, podemos ver como o alumnado de 4ºA de educación primaria, interpretou a través dunha obra de teatro en lingua galega o conto popular de Brancaneves e os sete ananiños/as, para alumnado de educación infantil:

VÍDEO DE 4º A: BRANCANEVES E OS SETE ANANIÑOS/AS




O alumnado de 3ºB tamén escenificou unha lectura: Daniela pirata.



E o resto dos cursos fixeron unha lectura ao grupo aula correspondente, algúns co apoio de imaxes visuais:














xoves, 21 de abril de 2022

Verba Temática: Primavera

  Ola a todos/as!!


No CEIP Novo Mesoiro xa temos seleccionadas as Verbas Temáticas deste Entroido tan especial do curso académico 2022. Nelas atopamos palabras tan fermosas como: ARCO DA VELLA, TOXO, XOANIÑA, AMARELLE, CHAVEIRA, ... 

A continuación, amosamos as verbas elixidas en cada grupo aula:



4ºB Ed. Inf. PABLO


5ºA Ed. Inf. : ELSA


6ºA Ed. Inf.: ROI

                                6ºB Ed. Inf.: EQUIPO VERDE


1ºA Ed. Prim. : IRENE


1ºB Ed. Prim.: NOÉ

 

 2ºA Ed. Prim.: ANXO


2ºB Ed. Prim.: SARAH


3ºA Ed. Prim.: IRENE

3ºB Ed. Prim.: CLARA


4ºA Ed. Prim.: MIGUEL



4ºB Ed. Prim.: RAQUEL


5ºA Ed. Prim.: SARA


5ºB Ed. Prim.: ADAY


6º A Ed. Prim.: ARIADNA










martes, 19 de abril de 2022

Verba Tematica:Entroido

 Bo día a todos/as!!


No CEIP Novo Mesoiro xa temos listas as Verbas Temáticas deste Entroido tan especial do curso académico 2022. Nelas atopamos palabras tan xeitosas como: LARDEIROS, MÁSCARA, CHOQUEIRO, FILLOEIRO, CIGARRÓN, ORELLAS, FREIXÓS, ...

A continuación, amosamos as verbas seleccionadas en cada grupo aula:


4ºA Ed. Inf.: NOA

4ºB Ed. Inf.: ÍKER

5ºA Ed. Inf.: MATEO

5ºA Ed. Inf.: MATEO

5º B Ed. Inf.. LAURA

1ºA Ed. Prim.: MATEO

1ºB Ed. Prim.: MARCO

2ºA Ed. Prim.: DANIELA


2ºB Ed. Prim.: INÉS

3ºA Ed. Prim.: NICO

3ºB Ed. Prim.: CELIA


4ºA Ed. Prim.: ISABELLA

4ºB Ed. Prim.: VALERITH

5ºA Ed. Prim.: EITAN

5ºB Ed. Prim.: JULIA

6ºA Ed. Prim.: MARWA









martes, 8 de marzo de 2022

8M: Día Internacional da Muller

 Feliz Día Internacional da Muller!!!


Hoxe, 8 de marzo de 2022,  no Ceip Novo Mesoiro, conmemoramos e reividincamos a igualdade tratando de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Gustaríanos comezar esta publicación co seguinte vídeo de presentación:




O nosotros alumnado está a traballar durante esta semana conmemorando a diferentes mulleres: Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, 








A continuación amosamos unha serie de recomendacións lectoras coa colaboración do equipo de biblioteca:

https://www.instagram.com/p/CazJ7cylvBoqL_wnho7V9iEE5iqgBjw2MDh7XU0/





venres, 25 de febreiro de 2022

Entroido 2022

 Por fin chegou o Entroido que tiñamos tantas ganas de celebrar!!!!Deixámosvos un vídeo  co desfile de todo o alumnado e profesorado do centro:










mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía e concurso "Cantamos coas mans".

FELIZ DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!!!

Hoxe 23 de febreiro, no Ceip Novo Mesoiro, estamos moi contentos/as de poder celebrar este día tan especial para conmemorar á gran escritora e poeta galega Rosalía de Castro.  Hai que lembrar, que recentemente modificouse a data desta conmemoración do 24 ao 23 de febreiro. 

Decoramos a entrada da escola cun moisaico de fotos formando a imaxe de dita autora, acompañado dalgúns versos do poema "Adios ríos, adios fontes".
 


Tamén, elaboramos un vídeo con esta canción de "Adios ríos, adios fontes", onde tanto o alumnado como o profesorado cantan ao tempo que interpretan esta obra en  lingua de signos.

Deste xeito, ímonos presentar ao Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos "Cantamos coas mans", organizado pola Federación de Asociaóns de Persoas Xordas (FAXGP).

A participación está aberta a todos os centros educativos de Galicia, en todos os niveis de ensino. O obxectivo é dar visibilidade á Lingua de Signos nas aulas dun xeito divertido, a través da música. Polo que esperamos ter moita sorte!! Estamos moi emocionados/as e orgullosos/as do resultado final, así que aquí deixamos o vídeo:



Ademais, na biblioteca realizouse un recanto sobre Rosalía, cunha selección das súas obras e un libro elaborado por todos o alumnado do centro.




Para celebrar este día tan especial os rapaces/as fixeron actividades e decoraron as clases, as portas e os corredores. Na etapa de educación infantil elaboraron un marcapáxinas e demoraron a imaxe de Rosalía. E en educación primaria elaboraron un minilibro coa biografía da autora.






Por último, o alumnado puedo escolitar a canción de "Rosalía pequeniña" ao longo da mañá, tanto na entrada como na saída.







 






Revista dixital A Voz de Mesoiriño

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!! Xa está aquí a terceira edición da Revista Dixital A Voz de Mesoiriño !!! Desfrutádea!!!