mércores, 5 de xaneiro de 2022

Postal de Nadal do Apalpador

 Bo Nadal a todos/as!

Desde o Ceip novo Mesoiro, e en concreto desde o noso recanto do fomento da lingua galega (EDLG), queremos desexarvos un Nadal maravilloso e un moi feliz Ano Novo con esta postal navideña elaborada polos nosos alumnos/as.  Pensamos que é a mellor maneira de transmitir o noso agarimo e benquerer, a través das ilustracións dos nosos rapaces/as.

Todo o alumnado do centro fixo un debuxo do Apalpador para a elaboración da postal navideña para felicitar a toda a comunidade educativa a través da páxina web do centro. 

De todos os debuxos, elixiuse un entre a etapa de educación infantil, outro entre 1º,2º e 3º de educación primaria e outro entre 4º,5º e 6º.

Os tres selecionados recibiron un diploma e un agasallo o último día de clase, no patio do colexio diante de todo o alumnado do centro.





Canción do Apalpador


Bo día a todos/as!

Aquí vos deixamos a canción O Apalpador, de Pablo Díaz, do disco Toc Toc. Esta é a canción que se traballará durante toda a semana de Nadal con todo alumnado do centro desde o departamento de educación musical.


Visita do Apalpador

 Bo Nadal a todos/as!

A última semana, antes das vacacións de Nadal, os nosos/as pequenos/as tiveron a horna de recibir unha visita moi especial desde as montañas do Courel: O Apalpador. 

Esta actividade levouse a cabo coa colaboración da Residencia de maiores Matogrande o que nos reconforta moitísimo poder poñer en contacto os nenos/as cos maiores.

Este personaxe de tradición galega, trouxo regalos para os máis pequenos da escola, desde o alumnado da etapa de educación infantil ata o alumnado de 1° e 2º de educación primaria. 

Esta actividade organizouse na biblioteca, xunto co noso logo do Bibliomesoiriño, e os rapaces aproveitaron para facerlle entrega da súa carta elaborada en grupo por cada clase e comentarlle os seus desexos, que en ningún caso se trataban de bens materiais. Desde xeito, o Apalpador atopaba desexos tales como: que non haxa violencia, que desapareza o Covid, que todos/as teñamos moitos bicos e apertas, amor, amizade, paz, ilusións, etc.

Os rapaces/as fixéronlle moitas preguntas e algún grupo ata lle cantou a canción O Apalpador de Pablo Díaz, do disco Toc Toc que se estaba traballando desde o equipo de educación musical durante toda a semana de Nadal.














sábado, 11 de decembro de 2021

O Apalpador

 Ola a todos/as!!

Pasiño a pasiño chega o Nadal. No Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) estamos moi ledos porque temos unha sorpresiña. Estamos encantados/as de poder presentarvos ao MESOIRIÑO APALPADOR!! Esta é a figura que se vai traballar neste nadal no Ceip Novo Mesoiro este curso 2021-2022. Encántanos!!

Coma o resto dos Mesoiriños caracterizados, este tamén está elaborado polo mestre David e o seu grupo de 4ºB de educación primaria. Dámoslle unha vez máis a noraboa! Aquí o tendes:




Para os que non coñezades ao Apalpador, imos dar un pouquiño de información a continuación:

O Apalpador, Apalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos/as, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".









Verba Temática: Samaín e Magosto

 Ola a todos/as!

Xa temos os seleccionados da Verba Temática: Samaín e Magosto. Coma sempre, cada aula levou a cabo una votación para elixir a mellor verba temática.  Atoparemos verbas tan maravillosas como: CALACÚ, PANTASMA, MAIA, MORCEGO, LOBISHOME, LUME, CASTAÑA, etc.

A Continuación, amosamos as verbas seleccionadas en cada grupo aula:

4ºA Ed. Inf.: MARTINA


4ºB Ed. Inf.: VALERIA


5ºA Ed. Inf.: BREIXO


5ºB Ed. Inf.: JULIA


6ºA Ed. Inf.: ANXO


6ºB Ed. Inf.: UXÍA


1ºA Ed. Prim.: ERIC


1ºB Ed. Prim.. NOÉ


2ºA Ed. Prim.: ERIKA


2ºB Ed. Prim.: NOA


3ºA Ed. Prim.: IRENE


3ºB Ed. Prim.: CELIA


4ºA Ed. Prim.: ISABELLA


4ºB Ed. Prim.: ELENA


5ºA Ed. Prim.: MUNIR



5ºB Ed. Prim.:


6º Ed. Prim.: ERIK

luns, 6 de decembro de 2021

Certame: Coreografíate


Bo día!!!

Hoxe imos presentar o Certame Coreografíate da AS-PG, que é un evento organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, nun apoio á música realizada en galego como forma de comunicación e divulgación da lingua e música galega.

As coreografías gañadoras daranse a coñecer no enderezo  http://bitaculas.as-pg.gal

Podemos ver as bases do Certame no seguinte enlace: COREOGRAFÍATE 2021 


No noso Ceip Novo Mesoiro, os alumnos/as do grupo de 6ºA de educación infantil participaron cunha excelente coreografía facendo unha representación de diferentes danzas do mundo. Dámoslles a noraboa pola gran labor realizada e enviámoslles moita sorte para que poidan gañar o premio.

A continuación, presentamos a gravación coa coreografía:




domingo, 5 de decembro de 2021

Seleccionados da Verba Temática: Volta á escola

 Ola a todos/as!

Xa temos os seleccionados da Verba Temática: Volta á escola. Cada aula levou a cabo una votación para elixir unha Verba Temática.  Atoparemos verbas tan maravillosas como: AGUZALAPIS, CARTAFOL, LEDICIA, BRINQUEDOS, AMIZADE, DIVERSIÓN, etc.

A Continuación, amosamos as verbas seleccionadas en cada grupo aula:


4ºA de Ed. Inf.: LOIS



4ºB Ed. Inf.: BELA



5ºA Ed. Inf.: MATEO



5ºB Ed. Inf.: XABIER


6ºA Ed. Inf.: ALBA


6ºB Ed. Inf.: ESTELA



1ºA Ed. Prim.: CARLOTA



1ºB Ed. Prim.: ALBA


2ºA Ed. Prim.: ENZO


2ºB Ed. Prim.: ALEXIA


3ºA Ed. Prim.: CARLOTA


3ºB Ed. Prim.: MARTÍN


4ºA Ed. Prim.: MIGUEL


4ºB Ed. Prim.: CIRCE


5ºA Ed. Prim.: CELIA


5ºB Ed. Prim.: INÉS


6ºA Ed. Prim.: ADRIADNA











Revista dixital A Voz de Mesoiriño

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!! Xa está aquí a terceira edición da Revista Dixital A Voz de Mesoiriño !!! Desfrutádea!!!