venres, 19 de maio de 2023

Bailamos unha muiñeira💃💃💙💚

 Bo día mesoiriños e mesoiriñas!!!!💃💃🩵💛💙

Hoxe estamos de celebración no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro, xa que estamos a conmemorar o Día das Letras Galegas. E que mellor maneira que facelo bailando!!

Todo o alumnado do colexio bailou no patio da escola unha muiñeira coa colaboración da Asociación Queiroa de Música e Baile.



luns, 15 de maio de 2023

Exposición de roupaxe e intrumentos tradicionais galegos

Bo día,  mesoiriños e mesoiriñas!!! 💜🩵💙💚

Queremos conmemorar o Día das Letras Galegas (17 de maio) coa presentación dunha marabillosa exposición de Roupaxe e intrumentos tradicionais galegos. Atoparédela na entrada do noso colexio Ceip Plurilingüe Novo Mesoiro. Cada cousiña está etiquetada co seu nome identificativo en lingua galega. 

Para levala a cabo contamos coa colaboración da Residencia de Maiores DomusVi La Ciudad, a escola de música do noso barrio de Mesoiro Música Maestro!, a Asociación de País e Nais do centro e o claustro de profesores/as do CEIP Plurilingüe  Novo Mesoiro, a Asociación de Música e Danza Queiroa e a mercería La manzana de Eva, que nos prestou os maniquís.

Podemos atopar instrumentos tan espectaculares da nosa tradición galega como o acordeón, diferentes tipos de pandeiretas, pandeiros, maracas, ocarina, carrizo, xoanllas, saxofón, clarinete, ... 

Tamén podemos atopar dous maniquís con prendas de roupa rexional de muller e tamén de faena de home, así como un traxe rexional de rapaza: saia, mantelo, mandil, dengue, zocos...





















Libro de refráns

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!!

Esta é a semana máis especial do curso para o Equipo de Dinamización da Lingua Galega  (EDLG) do CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro xa que estamos a conmemorar o Día das Letras Galegas (17 de maio). Temos preparadas moitísimas sorpresas que poderedes ver ao longo da semana.

Hoxe comenzamos presentando un Libro de refráns das estacións e os meses do ano elaborado por todo o alumnado do centro. Por unha banda, a rapazada de educación infantil elaborou un refrán por cada estación do ano, mentres que o alumnado de educación primaria fixo un para cada mes do ano.

Este libro está exposto na biblioteca da escola xunto con outros libros en galego elaborados polo alumnado.









Revista dixital A Voz de Mesoiriño

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!! Xa está aquí a terceira edición da Revista Dixital A Voz de Mesoiriño !!! Desfrutádea!!!