Bo día mesoiriños e mesoiriñas!!!🎄☃️🎄☃️
No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro xa temos seleccionadas as Verbas Temáticas do Nadal deste curso académico 2022-2023. Nelas atopamos palabras tan fermosas como: FOLERPA DE NEVE, AGASALLO, BONECO DE NEVE, PANXOLIÑA, VISGO, GARRIDO, ACIVRO, ...
Para o desenvolvemento desta actividade o alumnado, xunto coa colaboración da súa familia, ten que escoller unha verba nova, distinta e curiosa da nosa lingua galega, e acompañala dunha ilustración, facendo un debuxo na tarxeta correspondente para cada conmemoración. Así pois, atoparemos neste blog a tarxeta seleccionada entre todos o alumnado en cada aula.
A continuación, presentamos as verbas elixidas en cada grupo aula:
Ningún comentario:
Publicar un comentario