venres, 16 de maio de 2025

Cantas Cantigas 🎼🎵🎶📝

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!!! 📝🎶🎵🎼

No EDLG ( Equipo de Dinamización da Lingua Galega)  do CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro estamos felices de poder presentar o resultado final dos cancioneros elaborados polo alumnado.

Toda a rapazada de educación infantil e primaria tivo a oportunidade de elaborar unha cantiga na casa, coa colaboración da súa familia. Así, cada aula foi elaborando, ao longo de todo o curso, o seu propio cancionero de aula.

Os cancioneros levan o nome de Cantas Cantigas, para honrar ás cantareiras, xa que a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas 2025 a estas mulleres de tradicion galega.

Queremos facer unha mención especial a unha cantiga elaborada con pictogramas que nos encanta!!

























































Concerto polas Letras Galegas 💙🩵

 Bo día mesoiriñas e mesoiriños!!! 🪈🪗🩵💙

Hoxe, no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro, todo o alumnado de educación infantil e primaria, puido desfrutar dun concerto didáctico de música tradicional galega para conmemorar O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Este grupo formado por catro músicos pertenecen á Asociación de Música  e Danza Tradicional Queiroa e levaron a cabo un concerto en dous pases, un para o alumnado de educación infantil e 1° de educación primaria, e otro pase para o resto de alumnado de educación primaria.

A rapazada tuvo a oportunidade de escoitar cancións e intrumentos tradicionais galegos.










martes, 13 de maio de 2025

Día das Letras Galegas 2025 💙

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!!!💙🩵🪈🪗

Esta semana, no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro estamos a conmemorar O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 

Este ano 2025, a Real Academia Galega decidiu homenaxear O Día das Letras Galegas ás cantareiras e á poesía popular.

E que mellor maneira de festexar está efeméride decorando a entrada da escola cunha mostra de instrumentos tradicionais galegos, todos etiquetados co seu nome correspondiente. Ademais,  todas as aulas elaboraron sombreiros tradicionais galegos para decorar tamén os corredores e as aulas da escola.

 Esperamos que vos guste!











luns, 24 de febreiro de 2025

Día de Rosalía de Castro

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!!!💙💙

No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro estamos encantados de conmemorar o Día de Rosalía de Castro ( 23 de febreiro).

Recomendamos que escoitedes o Podcast de Rosalía elaborado por alumnado de educación infantil e primaria, premendo no seguite enlace:

PODCAST DE ROSALÍA 

Tamén decoramos a entrada da escola con poemas da autora, elaborados por cada grupo aula de educación primaria, e un recamto cunha selección de libros da autora para o uso e desfrute daa aulas

Ademais, durante esta semana dámoslle un especial protagonismo á colaxe xigante de  Rosalía que temos na entrada, que está elaborado con fotografías do alumnado. 












xoves, 20 de febreiro de 2025

Podcast de Rosalía de Castro

 Bo día mesoiriñas e mesoiriños!!!🩵💜💚💛

Que mellor maneira que conmemorar o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro) coa gravación dun PODCAST sobre esta autora en galego elaborado polo alumnado, tanto da etapa de educación infantil como de primaria.

É o noso primero podcast e estamos encantados co resultado. Animádeos a escoitalo e desfrutade premendo a continuación:

PODCAST DE ROSALÍA DE CASTRO



Revista dixital A Voz de Mesoiriño

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!! Xa está aquí a terceira edición da Revista Dixital A Voz de Mesoiriño !!! Desfrutádea!!!