xoves, 20 de febreiro de 2025

Podcast de Rosalía de Castro

 Bo día mesoiriñas e mesoiriños!!!🩵💜💚💛

Que mellor maneira que conmemorar o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro) coa gravación dun PODCAST sobre esta autora en galego elaborado polo alumnado, tanto da etapa de educación infantil como de primaria.

É o noso primero podcast e estamos encantados co resultado. Animádeos a escoitalo e desfrutade premendo a continuación:

PODCAST DE ROSALÍA DE CASTRO



venres, 20 de decembro de 2024

Postal de Nadal 📮🧑‍🎄❤️

Queridas mesoiriñas e mesoiriños!!!🎉🧑‍🎄📮

Xa saíu publicada a postal gañadora de Nadal en galego elaborada por un alumno/a de educación primaria. Podedes vela na páxina web do colexio e no perfil de Instagram.

Desde o EDLG aproveitamos para desexarvos os nosos mellores desexos💙💚



Nadal 24: Vista de Papá Noel, chocolatada e baile 🎄

Bo día mesoiriñas e mesoiriños!!!📮🧑‍🎄🌟💕🎄

Hoxe, no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro, tivemos un lote de actividades de Nadal coas que o alumnado desfrutou en grande:

Tivemos a visita de Papá Noel na biblioteca escolar que trouxo un agasallo para cada aula de todo o alumnado de educación infantil e de 1°, 2° e 3° de educación primaria. A rapazada levoulle as súas pedíndolle boas accións, e cousiñas que lles gustaría mellorar no noso centro, barrio ou cidade.

O alumnado de 4°, 5° e 6° de educación primaria moveu o esqueleteo cunha gran sesión baile no ximnasio do centro.

Tamén, levouse a cabo a tradicional chocolatada coa colaboración das familias para todo o alumnado no comedor da escola.












xoves, 19 de decembro de 2024

Festival de Nadal de educación infantil 🎄

Bo día mesoiriñas e mesoiriños!!!🎄🎄🎄

O EDLG deséxavos unhas Felices Festas e un Próspero Ano Novo!!!!🌟✨🌟

No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro estamos a celebrar por todo o alto este tempo de Nadal ao longo de todo o mes de decembro.
Esta última semana de clase o alumnado de educación infantil levou a cabo un festival cantando panxoliñas en galego. Foi unha marabilla velos desfrutar!




mércores, 18 de decembro de 2024

Calendario de Advento en Lingua de Signos en Galego

 Boa tarde mesoiriñas e mesoiriños!!! 🎄🎄

No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro estamos a celebrar o Nadal durante todo o mes de decembro.

Temos decorada a entrada do centro cunha árbore de Nadal, un nacemento, unas recomendacións lectoras e un CALENDARIO DE ADVENTO EN LINGUA DE SIGNOS EN GALEGO. 

 Á rapaza, encántalle este calendario de advento porque está elaborado con fotografías do persoal docente e non docente do centro, onde cada un representa unha palabra de Nadal en galego, e en lingua de signos.

Queremos lembrar que o noso centro está moi sensibilizado coa comunidade xorda, contando cunha intérprete de LSE que, ademáis de atender al alumnado con necesidades asociadas á xordeira, tamén traballa con todas as aulas durante unha sesión semanal, tanto na etapa de educación infantil como primaria.










xoves, 5 de decembro de 2024

Día da Discapacidade: 3 de decembro de 2024🧡💛💚

 Bo día mesoiriñas e mesoiriños!!

❤️🧡💛💚🩵💙💜🤎

O 3 de decembro foi  Día Internacional das Persoas con Discapacidade e no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro fixemos un recanto para conmemorar este día.

Realizouse un recanto fermosísimo cun paraguas con pingas de agua nomeando algunhas das discapacidades.

Ademáis, o equipo de biblioteca levou a cabo unha selección de libros relacionados con dieta temática para que cada titoría poida facer uso deles durante toda a semana.

Temos outros termos inclusivos que podemos salientar como: persoas con diversidade funcional,  con capacidades diferentes, con necesidades especiais, etc.






luns, 25 de novembro de 2024

💜 25N 💜 - 2024

 Bo día mesoiriñas e mesoiriños!!! 💜💜💜

Hoxe, 25 de novembro de 2024, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro estamos moi sensibilizados con esta causa e, por iso, levouse a cabo a elaboración dun vídeo contando coa colaboración do alumnado:


Ademáis, organizouse unha marcha polo barrio de Novo Mesoiro de todo o alumnado de educación infantil e primaria, con pancartas en galego. Posteriormente, con estas pancartas decorouse a entrada da escola.










Revista dixital A Voz de Mesoiriño

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!! Xa está aquí a terceira edición da Revista Dixital A Voz de Mesoiriño !!! Desfrutádea!!!