mércores, 8 de marzo de 2023

💜💜 8M 💜💜

 Feliz 8M mesoiriños e mesoiriñas!!💜💜💜💜

Hoxe, 8 de marzo, no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro celebramos o Día Internacional da Muller.  Decoramos a entrada da escola e os corredores con mulleres do século XX do noso barrio, continuando coa temática do proxecto que estamos a traballar este curso escolar: O noso barrio.







Ademais, nas titorías, traballamos unha gran de actividades como marcapáxinas, e búsqueda de información sobre mulleres de certa influencia.
 










mércores, 1 de marzo de 2023

Verba Temática: Entroido

 Bo día mesoiriños e mesoiriñas!!🎊🎊🎊🎊


No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro xa temos seleccionadas as Verbas Temáticas do Entroido deste curso académico 2022-2023. Nelas atopamos palabras tan fermosas como: PELIQUEIRO, CHOCA, ANTEFACE, MECO, FILLOA, ORELLA, CHOQUEIRO, etc.

Para o desenvolvemento desta actividade o alumnado, xunto coa colaboración da súa familia, ten que escoller unha verba nova, distinta e curiosa da nosa lingua galega, e acompañala dunha ilustración, facendo un debuxo na tarxeta correspondente para cada conmemoración. Así pois, atoparemos neste blog a tarxeta seleccionada entre todos o alumnado en cada aula.

A continuación, presentamos as verbas elixidas en cada grupo aula:

4°A Educación Infantil: ALAN

4°B Educación Infantil: ALBANY

5°A Educación Infantil: LOIS

5°B Educación Infantil: BIANCA

6°A Educación Infantil:MATEO

6° B Educación Infantil:IRENE

1°A Educación Primaria: NUNO

1° B Educación Primaria:ELIA

2°A Ed. Primaria: CARLOTA

2° B: Educación Primaria: MARCO

3°A Educación Primaria: ALESSIA

3° B Educación Primaria: BREIXO

4°A Educación Primaria: RAQUEL

4° B Educación Primaria: CLARA

5° A Educación Primaria: CIRCE

5° B Educación Primaria: ALBA

6° A Educación Primaria: LOIS











xoves, 23 de febreiro de 2023

Día de Rosalía de Castro

 Bo día mesoiriños e mesoiriñas!!💛💚💙🩵🧡

Hoxe, 23 de febreiro de 2023, no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro, celebramos o día de Rosalía de Castro con  diferentes actividades sobre a vida e obra da autora, cun marcapáxinas elaborado polo EDLG, e decorando os corredores de educación infantil e primaria co seu retrato. 


Tamén escoitamos a canción de Pequeniña Rosalía, na entrada e saída á escola, e nas subidas e baixadas ao patio.


Ademais, na entrada da escola, podemos atopar unha selección de obras da autora xunto ao seu retrato.








venres, 17 de febreiro de 2023

Entroido 🤡🤡🤡

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!!👨‍🏫👩‍🌾🪹📷👩‍🔧👩‍🏫🥁👨‍🌾🧺🫧🧼

Esta semana no CEIP Plurilingüe  Novo Mesoiro celebramos o Entroido con total ledicia e felicidade!!

O luns, martes e mércores fomos todos/as disfrazados seguindo os Mandadiños  do Meco. O xoves levamos un disfrace libre. E o venres todos/as levamos disfraces tradicionais do século XX representando os oficios desenvolvidos no noso barrio, xa que esta é a temática do Proxecto de Centro que estamos a traballar este curso: O noso barrio. 

Todo o alumnado e profesorado do centro fixo un pasarrúas polos arredores da escola para poder desfrutar  da troula e carallada coas familias.

Así pois, podiamos atopar un lote de lavandeiras, fotógrafos/as, gandeiros/as, leiteiras, barbeiros e  labregos/as entroutros.






















mércores, 15 de febreiro de 2023

Visita ao lavadoiro e estatua da lavandeira

Bo día mesoiriños e mesoiriñas!!🩵🩵🩵🩵

Hoxe, o alumnado de 5° de Educación Primaria do CEIP Novo Mesoiro fixo unha andaina polos arredores visitando o Lavadoiro de Feáns, rehabilitado en 1988, e a estatua da Lavandeira que colocaron este mesmo ano.

Na escola estamos a traballar o Proxecto de Centro: O noso barrio e dentro deste Proxecto, o alumnado de 5° de Educación Primaria é o encargado de levar a cabo a recollida de información sobre as LAVANDEIRAS, que lavaban nos ríos, pilas e lavadoiros da zona.






Eva, a neta dunha lavandeira

 Ola mesoiriños e mesoiriñas!!!🧺🫧🧼☀️

No CEIP Plurigingüe Novo Mesoiro estamos encantados de presentarvos unha visita moi especial que recibiu o alumnado de 5° de Educación Primaria na biblioteca do centro: Eva, nai dos alumnos Breixo e Xalo.

O alumnado de 5° de Educación Primaria está a traballar a temática das LAVANDEIRAS, en relación ao Proxecto de Centro: O noso barrio.



Así pois, Eva foilles contar á rapazada que a súa avoa Josefa Nión, chamada Josefa a Roxa era lavandeira no século XX. Ela lembraba como a súa avoa tiña un burro no que se trasladaba ata A Coruña para lavar a roupa de varias familias, comentando que era un traballo durísimo no que o salario era moi baixo. 

A verdade, é que os rapaces tiñan un lote preguntas e desfrutaron moitísimo da visita.

Revista dixital A Voz de Mesoiriño

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!! Xa está aquí a terceira edición da Revista Dixital A Voz de Mesoiriño !!! Desfrutádea!!!