luns, 24 de febreiro de 2025

Día de Rosalía de Castro

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!!!💙💙

No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro estamos encantados de conmemorar o Día de Rosalía de Castro ( 23 de febreiro).

Recomendamos que escoitedes o Podcast de Rosalía elaborado por alumnado de educación infantil e primaria, premendo no seguite enlace:

PODCAST DE ROSALÍA 

Tamén decoramos a entrada da escola con poemas da autora, elaborados por cada grupo aula de educación primaria, e un recamto cunha selección de libros da autora para o uso e desfrute daa aulas

Ademais, durante esta semana dámoslle un especial protagonismo á colaxe xigante de  Rosalía que temos na entrada, que está elaborado con fotografías do alumnado. 












xoves, 20 de febreiro de 2025

Podcast de Rosalía de Castro

 Bo día mesoiriñas e mesoiriños!!!🩵💜💚💛

Que mellor maneira que conmemorar o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro) coa gravación dun PODCAST sobre esta autora en galego elaborado polo alumnado, tanto da etapa de educación infantil como de primaria.

É o noso primero podcast e estamos encantados co resultado. Animádeos a escoitalo e desfrutade premendo a continuación:

PODCAST DE ROSALÍA DE CASTRO



Revista dixital A Voz de Mesoiriño

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!! Xa está aquí a terceira edición da Revista Dixital A Voz de Mesoiriño !!! Desfrutádea!!!