Bo día mesoiriñas e mesoiriños!!!🏆🏆
No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro estamos de noraboa por conseguir un dos premios otorgados no VII Concurso Escolar en Lingua de Signos Española "Cantando coas man" da FAXPG ( Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia) cunha MENCIÓN DE HONRA do xurado.
Estamos orgullosísimos e ilusionadísimos con este premio, xa que, detrás hai un duro traballo por parte de moitos membros da comunidade educativa.
O 30 de maio recibiremos o premio nun acto no auditorio máis grande da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Polo que o centro porá todos os medios posibles para que todos/as os participantes poidan trasladarse para cantar e signar en directo neste importante acto.
https://www.faxpg.es/ganadores-concurso-cantamos-2024-es.html
No seguinte enlace podedes ver a noticia publicada nun conocido xornal coruñes.
PREME AQUÍ PARA VER A NOTICIA NO XORNAL
Tamén podedes escoitar no programa de radio Voces de A Coruña, de RadioVoz, a Rebeca, directora do centro, e a Adela, coordinadora do EDLG.
PREME AQUÍ PARA ESCOITAR O PROGRAMA DE RADIO. Despois entra no 24 de abril, na parte 3.