Boa tarde mesoiriñas e mesoiriños!!🌰🎃👻
No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro estamos desfrutando moitísimo coa conmemoración do Samaín e do Magosto.
Levouse a cabo unha degustación de castañas da man da Castañeira, coa colaboración das familias.
Decorouse a entrada da escola, corredores, portas das aulas, aulas... E todo o alumnado e profesorado puxo ou seu disfrace máis terrorífico ou da temática do Magosto.
Leváronse a cabo diferentes actividades de Samaín e Magosto, destacando un concurso de cabazas e a organización da Casa dos Arrepíos. Nesta casa foi pasando todo o alumnado de educación infantil e primaria, para poder disfrutar dos relatos terroríficos elaborados polo alumnado de educación primaria.