Feliz Día Internacional da Paz!!!🕊️🕊️🕊️
Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos este día tan importante no CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro.
Todas as aulas elixiron unha curtametraxe e fixeron un mural. Todos están elaborados con diferentes fotografías dos propios alumnos e alumnas expresando as emocións, sentimientos e valores que les transmiten estes vídeos.
Así, todos os corredores están decorados polos fermosos murais que tanto lles gustan expoñer as nenas e nenos.
Preme no seguinte enlace e poderedes ver o día tan especial que vivimos na escola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario