xoves, 30 de maio de 2024

Entrega de premios "Cantamos coas mans"🏆

Boa tarde mesoiriñas e mesoiriños,

Hoxe estamos especialmente emocionados porque foi a entrega de premios da VII Edición do Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española "Cantamos coas mans", organizado pola Faxpg (Asociación de Federacións de Persoas Xordas de Galicia) na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Así que, ata alí foron todas e todos os que participaron na gravación do vídeo para recoller o premio pola  2°MENCIÓN DE HONRA outorgada e un diploma de recoñecemento. Despois, levouse a cabo a nosa actuación xunto co resto dos outros catro centros gañadores.

Carlota e Samuel, alumnado de 6° de educación primaria, leron un discurso, e Adela, coordinadora do EDLG e mestra de 6° de educación primaria, recolleu o premio e o diploma, en representación de toda a comunidade educativa.



 Este premio é unha honra inmensa para o noso centro e unha motivación para seguir traballando con máis forza e dedicación nos vindeiros cursos.

No noso centro temos a sorte de contar con alumnado con xordeira así como unha intérprete de lingua de signos, que son un exemplo para os demais.

Deste xeito, comprometémonos a seguir traballando con todas as nosas forzas por esta causa tan importante.


A continuación, podedes ver a actuación, o discurso, a foto dos representantes de todos o centros, e fotos de diferentes momentos desta gala tan emocionante:







Aquí podes ver un resumo de toda a gala
.



martes, 14 de maio de 2024

Semana das Letras Galegas 2024 💙📖🩵

 Que tal mesoiriños e mesoiriñas?!!!!🩵📖💙

No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro encántanos festexar O Día das Letras Galegas 2024 (17 de maio), en honor de Luísa Villalta.

Comezamos conmemorándo está efeméride coa visita de Susana Villalta e María Gómez, irmán e nai de Luísa Villalta. Preme aquí para ver está publicación.

Ademais, montamos unha AULA ANTIGA GALEGA na entrada da escola coa que deixamos abraiada á rapazada. Lembrade que, as familias, tendes ata o 11 de xuño para poder a visitar esta aula. Esta exposición itinerante está realizada con material do Museo Pedagóxico de Galicia, en Santiago de Compostela. 

Animádevos a visitala!!!

Tamén, decoramos a entrada cos carteis sobre a vida e obra de Luísa Villalta que nos facilita a Consellería de Galicia.










xoves, 9 de maio de 2024

Entrevista con Susana Villalta 💕📝

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!!!📝💚💙

No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro tivemos a honra de poder recibir a visita de Susana Villalta e María Gómez, irmá e nai de Luísa Villalta Gómez, autora homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2024, por parte da Real Academia Galega.

Estando a piques de conmemorar o Día das Letras Galegas, sentímonos afortunados e agradecidos por esta visita, xa que Susana e María nos contaban que están a vivir un momento pletórico, con continuos actos e conmemoracións dedicados a Luísa.

O alumnado de 6° de educación primaria recibiu na biblioteca a Susana e a María para poder facer unha entrevista sobre Luísa Villalta e publicala na revista escolar dixital "A Voz de Mesoiriño".

Despois da entrevista, Susana, con moito agarimo, leulles á rapazada unhas follas do seu libro "Luísa Villalta, a nosa estrela". Este libro infantil ilustrado trata sobre a vida persoal da súa irmá Luísa. Ademáis, asinounos un exemplar para a biblioteca escolar. 














Correlingua polo barrio de Mesoiro

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!!!

Por mor do tempo atmosférico, pospúxose a actividades.de Correlingua. O 31 de maio, alumnado puido asistir e desfrutar dunha xornada moi satisfactoria.

Pola contra, o alumnado de 6° de educación primaria, tivo que realizar o seu propio Correlingua polo barrio de Mesoiro. A verdade, e que resultou moi divertido!







Revista dixital A Voz de Mesoiriño

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!! Xa está aquí a terceira edición da Revista Dixital A Voz de Mesoiriño !!! Desfrutádea!!!