sábado, 11 de decembro de 2021

O Apalpador

 Ola a todos/as!!

Pasiño a pasiño chega o Nadal. No Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) estamos moi ledos porque temos unha sorpresiña. Estamos encantados/as de poder presentarvos ao MESOIRIÑO APALPADOR!! Esta é a figura que se vai traballar neste nadal no Ceip Novo Mesoiro este curso 2021-2022. Encántanos!!

Coma o resto dos Mesoiriños caracterizados, este tamén está elaborado polo mestre David e o seu grupo de 4ºB de educación primaria. Dámoslle unha vez máis a noraboa! Aquí o tendes:




Para os que non coñezades ao Apalpador, imos dar un pouquiño de información a continuación:

ApalpadorApalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos/as, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Revista dixital A Voz de Mesoiriño

 Ola mesoiriñas e mesoiriños!! Xa está aquí a terceira edición da Revista Dixital A Voz de Mesoiriño !!! Desfrutádea!!!