Boa tarde mesoiriñas e mesoiriños!!! 🎄🎄
No CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro estamos a celebrar o Nadal durante todo o mes de decembro.
Temos decorada a entrada do centro cunha árbore de Nadal, un nacemento, unas recomendacións lectoras e un CALENDARIO DE ADVENTO EN LINGUA DE SIGNOS EN GALEGO.
Á rapaza, encántalle este calendario de advento porque está elaborado con fotografías do persoal docente e non docente do centro, onde cada un representa unha palabra de Nadal en galego, e en lingua de signos.
Queremos lembrar que o noso centro está moi sensibilizado coa comunidade xorda, contando cunha intérprete de LSE que, ademáis de atender al alumnado con necesidades asociadas á xordeira, tamén traballa con todas as aulas durante unha sesión semanal, tanto na etapa de educación infantil como primaria.